Novas

01-12-2016 -

Desmitificando o amor romántico

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade, continúa co ciclo de actividades enmarcadas en torno ao 25 de novembro “Día Mundial Para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres”.
01-12-2016 -

Lista definitiva bibliotecario/a

Publicada a resolución 1301 do 30 de novembro de 2016 pola que se aproba a resolución definitiva de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a bibliotecario/a e axudante de arquivo arquiveiro, mediante o sistema de concurso libre.
30-11-2016 -

O Museo do Humor colabora coa exposición "BDG70" que se amosa na sala "Normal" da Coruña

Cinco orixinais de Xosé Díaz, tres de Xesús Campos, unha reproducción de Xaquín Marín e catro figuras con volume -a de Xaquín Marín, a do Gaspariño, a Cabeza Galega e a de Chichi Campos-, propiedade do Museo do Humor de Fene, amósanse até o vindeiro 31 de decembro na sala “Normal” da Coruña, no marco da exposición “BDG70: a revolta do cómic galego”.
30-11-2016 -

Nomeamento auxiliar funcionaria interina

Publicado o decreto 1279 do 29 de novembro relativo ao nomeamento dunha funcionaria interina por un periodo de tres meses para o posto de auxiliar administrativa
30-11-2016 -

A consellería de Medio Ambiente finanza a redacción do proxecto "Adecuación ambiental, peonil e de seguridade do tramo urbano e das dotacións e entorno do río Cádavo en Fene-Perlío"

O Concello de Fene, recibiu unha axuda para a asistencia técnica na elaboración dunha estratexia de sustentabilidade ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas. O proxecto xurde pola necesidade de xestionar e planificar os efectos que o cambio climático provoca no territorio.
30-11-2016 -

Fene destina 82.500 euros a colaborar coas entidades sociais e deportivas do municipio

O Boletín Oficial da Provincia deste mércores 30 de novembro publicou as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións para as entidades sen ánimo de lucro do municipio. En total distribuiranse 82.500 euros entre as organizacións veciñais e socioculturais, as deportivas e as ANPAs dos centros educativos para axudarlles cos gastos en actividades desenvolvidas durante a anualidade de 2015. O prazo para presentar a documentación finaliza o próximo 16 de decembro e toda a información sobre o procedemento está dispoñible na web municipal, www.fenecidadan.gal.
29-11-2016 -

O Museo do Humor colabora coa exposición “BDG70” exposta na sala “Normal” da Coruña

Orixinais de Xosé Díaz, Xesús Campos, Xaquín Marín amósanse até o vindeiro 31 de decembro.
29-11-2016 -

Programa de recollida de aceite

Coa convicción da necesidade de seguir mellorando os índices de reciclaxe de Fene, a Concellería de Medio Ambiente infórmanos que nos vindeiros días instalaranse colectores de aceite usado de cociña nas seguintes localizacións:
1- CARRETERA AC-133, FRENTE AO Nº 74
2- PARROQUIA DE FENE, AVENIDA CONCES, Nº 49, SAÍDA DE FENE A NEDA.
3- PARROQUIA DE FENE, AVENIDA NATURAIS, Nº 8-10
4- PARROQUIA DE FENE, RUA ALCALDE GERARDO DIAZ, Nº 2
29-11-2016 -

Anuncio do tribunal de selección do proceso selectivo para a creación dunha lista de traballador/a social

Publicado o anuncio do acordo da sesión do 29 de novembro do tribunal de selección no proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes/as a traballador/a social
29-11-2016 -

A exposición fotográfica "Vía Iacobitana I" recala en Fene durante o mes de decembro

Os fotógrafos galegos Tino Diz e Luis Gabú convertéronse en peregrinos para retrataren os distintos itinerarios xacobeos coa mirada posta na arquitectura, na paisaxe e tamén nas vivencias que só se poden ver desde dentro, facendo o Camiño de Santiago . Desa experiencia patrocinada por Turismo de Galicia e a empresa Viaqua saiu unha colección de 50 fotografías a xeito de mosaico sobre as rutas con toda a variedade que gardan en canto a patrimonio e esencia sociocultural. A mostra inaugurarase o venres ás 12.00h. no salón de sesións do Concello de Fene, onde poderá visitarse polas mañás -de 9 a 14.00h.- de luns a venres ata o 30 de decembro.