Novas

18-11-2016 -

Os centros de ensino de Fene recrean o pasado indiano

Escolares e profesorado vestiron esta mañá á moda emigrante para abrir os actos do centenario das escolas indianas
16-11-2016 -

Xan Veiga, penúltimo convidado do "Novembro, mes do humor" do Museo do Humor de Fene

O monologuista arzuán actuará este venres a partir das 20.00h. na Casa da Cultura con entradas de balde, que se poderán recoller o mesmo día a partir das catro da tarde
16-11-2016 -

Anuncio do tribunal de selección do proceso selectivo traballador/a social

Publicado o anuncio do  tribunal de selección do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a traballador/a social no que acordou na súa sesión do 16.11.2016 conceder aos/as aspirantes/as un prazo de 3 días hábiles para a presentación de alegacións ás  valoracións publicadas.
16-11-2016 -

O Concello recibe do humorista gráfico Luis Davila catro obras orixinais

800 persoas visitaron a exposición “Humor do país” de Luís Davila no Museo do Humor de Fene
16-11-2016 -

Imaxes con Fondo no IES de Fene

O IES de Fene acollerá até o 30 de novembro a exposición de Imaxes con Fondo do Fondo Galego de Cooperación.
15-11-2016 -

O Concello de Fene implanta unha nova ferramenta de xestión do arquivo municipal

O Concello de Fene finalizou hai escasos días o proceso de implantación da nova plataforma de xestión do seu arquivo. Trátase dunha ferramenta que permite organizar a inxente cantidade de información xerada pola administración local -expedientes, actas, documentación histórica, etc.- tanto en soporte físico como dixital. Ademais, o aplicativo axústase á normativa arquivística internacional, co que se facilitará o intercambio documental con outras administracións e institucións e mesmo o acceso aos fondos públicos por parte da veciñanza.
15-11-2016 -

Fene contra a violencia machista

Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller, infórmase da CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN Á CIDADANÍA para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
14-11-2016 -

Fene honra con varios eventos o legado educativo dos indianos

O Concello de Fene iniciará o próximo venres os actos conmemorativos do centenario das escolas de instrución dos “Naturales de Fene”, co que se pretende recuperar unha importante parte da memoria histórica local xurdida arredor das escolas fundadas pola emigración de principios do século XX.
14-11-2016 -

Fene inicia unha campaña de concienciación veciñal sobre os excrementos das mascotas

A Concellaría de Medio ambiente iniciou esta mesma semana unha campaña de concienciación dirixida ás persoas propietarias de mascotas para que se fagan responsables das súas deposicións nos espazos públicos. A medida estase desenvolvendo coa colocación de carteis na totalidade de parques, xardíns e paseos de titulariedade municipal nos que se apela precisamente a iso, á responsabilidade e a colaboración veciñal, aínda que tamén se recorda que deixar excrementos dos cans e outros animais na rúa é unha conduta sancionable.
14-11-2016 -

Fene honra con varios eventos o legado educativo dos indianos

O Concello de Fene iniciará o próximo venres os actos conmemorativos do centenario das escolas de instrución dos “Naturales de Fene”, co que se pretende recuperar unha importante parte da memoria histórica local xurdida arredor das escolas fundadas pola emigración de principios do século XX. Unha exposición, un ciclo de conferencias, un concurso de investigación e a xornada “Fene Indiano”, na que participarán os colexios do municipio, compoñen a cerna dunha programación deseñada polas concellarías de Cultura e de Ensino que se estenderá ata mediados do mes de decembro.