Novas

07-12-2016 -

Publicación da lista de interinidade de traballador/a social

Publicada a resolución de alcaldía relativa ao listado de interinidade dun/dunha traballador/a social.
07-12-2016 -

O alumnado do CEIP de Centieiras expón no Concello os seus traballos sobre o outono

O alumnado máis novo do CEIP Centieiras de Perlío visitou o pasado luns a Casa do Concello para abrir oficialmente ao público unha mostra dos traballos dedicados ao outono que fixeron no último trimestre. No recibidor da sede municipal a rapazada montou coa axuda do profesorado unha exposición composta por debuxos, follas e froitos recollidos nos montes da contorna. 
07-12-2016 -

Novas reportaxes gráficas na web do centenario das escolas de emigrantes

Xa está dispoñible, na sección de novas, o vídeo coa xornada de recreación do "Fene indiano" que se desenvolveu nos CEIP(s) Centieiras, Os Casais, O Ramo; CPR Jorge Juan; CPI a Xunqueira e IES de Fene o pasado 18 de novembro e na que participou o grupo de teatro do CMI Unidade de Fene.
05-12-2016 -

Fene repara o abastecemento de auga na rúa Riveiroa

A rúa Riveiroa, en Barallobre, ten durante estes días o tráfico restrinxido por mor das obras que se desenvolven nas marxes da calzada para substituír as canalizacións do abastecemento de auga potable na zona.
05-12-2016 -

Fene recibirá 775.000 euros do Plan Único da Deputación da Coruña

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, visitou esta mañá o Concello de Fene para interesarse polos proxectos que se desenvolven no municipio con apoio provincial. 
05-12-2016 -

Máis dunha vintena de actividades culturais e deportivas compoñen a programación do Nadal

As Concellarías de Cultura, Ensino, Xuventude e Deportes teñen xa a punto a programación de actividades para o Nadal. Son máis dunha vintena de eventos entre música, teatro, obradoiros para todas as idades, exposicións e propostas deportivas cun enfoque lúdico que se irán solapando desde o 10 de decembro ata ben pasado o día de Reis.
03-12-2016 -

Infórmate...perde o medo

“INFÓRMATE … PERDE O MEDO” é o nome do programa desenvolvido pola Concellería de Benestar e dirixido ao alumnado de 3º e 4º de ESO,  coa pretensión de sensibilizar ao alumnado e aos colectivos que poidan presentar certo risco cara ao contaxio do VIH/SIDA.
02-12-2016 -

Avaliación do II Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Fene

A Concellería de Benestar Social e Igualdade difunde a Avaliación do II Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Fene.
02-12-2016 -

Anuncio nomeamento auxiliar administrativa interina

Publicada a resolución 1303 do 02 de decembro de 2016 relativo ao nomeamento dunha auxiliar administrativa.
01-12-2016 -

Desmitificando o amor romántico

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade, continúa co ciclo de actividades enmarcadas en torno ao 25 de novembro “Día Mundial Para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres”.