O 20 de marzo, de 15:30 a 21:00 horas e o 21 de marzo, de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas, estará dispoñible a unidade móbil diante da Casa do Concello de Fene.
Inaugúrase o 7 de marzo ás 19.30h. a colección de pezas “Meigas, sabias e mulleres boas” na que homenaxea ás mulleres depositarias dun saber ancestral para curar males do corpo e da mente.
Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade, comprácenos un ano máis informarvos das actuacións que terán lugar o día 8 de marzo, “Día Internacional da Muller”.
Actividade que pretende achegarlle o medio á cativería e, ao revés, que a rapazada entre en contacto con el a través do xogo, a investigación e a creatividade sonora.