Novas

28-11-2016 -

Fene enche as rúas de "Pintadas pola igualdade e contra a violencia machista"

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade do Concello de Fene, porá en marcha hoxe luns 28 de novembro as “Pintadas pola igualdade e contra a violencia machista”, continuando coa programación do 25 de novembro, Día internacional da eliminación da violencia contra da Muller. Na iniciativa participan os centros de ensino locais e con ela preténdese sementar as principais rúas do municipio con mensaxes reivindicativas dunha sociedade igualitaria e libre das agresións de todo tipo que sofre a muller polo feito de ser muller.
28-11-2016 -

A Demarcación de Costas comeza a reparar a pasarela da praia de San Valentín

A empresa TRAGSA iniciou a semana pasada os traballos de reparación da pasarela de madeira que bordea a ribeira da ría como continuación do paseo marítimo de San Valentín. As obras están promovidas pola Demarcación de Costas a instancias do Concello, que hai algún tempo informou a este departamento dependente do Ministerio de Medio Ambiente sobre o mal estado da estrutura e das varandas, alertando ademais do perigo que supuña para as persoas usuarias. Estímase que os traballos rematarán á volta dunha semana ou semana e media. O acceso a este tramo do sendeiro de San Valentín permanecerá cortado ata daquela. 
28-11-2016 -

Juan Carneiro falará este martes na Casa da Cultura sobre as sociedades de instrución de Mugardos dentro dos actos do centenario das escolas indianas

As Concellarías de Cultura e Ensino continúan desenvolvendo a programación co gallo dos cen anos das escolas Concepción Arenal e Curros Enríquez, impulsadas desde A Habana pola Sociedad de Instrucción Naturales del Ayuntamiento de Fene. O aniversario pon en valor o legado arquitectónico e educativo deixado no territorio pola emigración de comezos do século XX,  promovendo  para iso distintas actividades que se prolongarán ata case finais de decembro. Unha exposición na Casa da Cultura, a xornada "Fene Indiano" na que participaron os colexios do municipio, un concurso de investigación, a recopilación de fotografías antigas e varias conferencias compoñen unha oferta recollida, ademais, na web escolasdeemigrantes.fene.gal
26-11-2016 -

Ruta lavandeiras. QR5

26-11-2016 -

Ruta lavandeiras. QR4

26-11-2016 -

Ruta lavandeiras. QR3

26-11-2016 -

Ruta lavandeiras. QR2

26-11-2016 -

Ruta lavandeiras. QR1

26-11-2016 -

Centenario das escolas Emigrantes

Se participaches nas actividades conmemorativas do centenario de escolas  emigrantes de Fene, busca a túa imaxe aqui!
25-11-2016 -

O Museo do Humor de Fene entrega premios Curuxa 2016

Coa entrega dos premios Curuxa do Humor 2016, o Museo do Humor de Fene puxo fin o pasado venres 25 de novembro ao seu “Novembro, mes do humor”.