Novas

21-10-2016 -

Plan Marco: Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016

As melloras no Camiño do Cemiterio de Campanario (Limodre), Camiños da Ribeira-Barreiro e do Belelle (Sillobre) foron recepcionadas o pasado 23 de setembro de 2016, baixo o Plan Marco: Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agracias 2016, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) ao abeiro do PDR de Galicia 2014-2020.
19-10-2016 -

XXVIII Xuntanza de Gaiteiros 2016

O sábado día 29 de outubro de 2016 a partir das 19.30 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” celebrará a XXVIII Xuntanza de Gaiteiros, actividade que organizan anualmente dende o 1988.
19-10-2016 -

XXVIII Xuntanza de Gaiteiros 2016

O sábado día 29 de outubro de 2016 a partir das 19.30 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” celebrará a XXVIII Xuntanza de Gaiteiros, actividade que organizan anualmente dende o 1988. Nestas xuntanzas, ademais da participación de distintas bandas, grupos ou músicos, realízase unha homenaxe a algunha persoa, grupo ou entidade que se caracterizou por gardar, recoller, recuperar e dar a coñecer a nosa música tradicional.
19-10-2016 -

Lista definitiva exluídos/as e admitidos/as no proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a traballador/a social

Publicado o decreto 1129/2016 do 18/10/2016 polo que se aproba a lista definitiva exluídos/as e admitidos/as no proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a traballador/a social.
18-10-2016 -

O venres 21 e o sábado 22 de outubro doa sangue

A veciñanza de Fene que queira e poda participar na doazón de sangue poderá  facelo o venres 21 de outubro de 15.30 h a 21.30 h e o sábado 22 de outubro de 10.00 a 15.00h,  xa que unha unidade móbil situarase diante da Praza do Concello.
18-10-2016 -

O alumnado de primaria e secundaria dos centros escolares de Fene, comeza a traballar a educación emocional e as intelixencias múltiples.

Descubro como Aprendo (primaria) e Enfoca (secundaria) son actividades enmarcadas no proxecto de peques a maiores: compartindo espazos, subvencionado pola Deputación da Coruña.
13-10-2016 -

Hoxe xoves inaugúrase a exposición de Luis Davila no Museo do Humor de Fene

Corenta e cinco paneis que inclúen perto de 200 tiras cómicas, 30 orixinais e diversas figuras a grande formato, coa popular Dora A Desbrozadora como protagonista, amósanse ata o vindeiro 15 de novembro na sala de exposicións temporais do Museo do Humor de Fene (Avda. de Conces, 20-22, Fene). A mostra, organizada polo Concello de Fene, compleméntase coa proxección no salón de actos da serie completa de tiras cómicas animadas por Davila e emitidas no programa da TVG “A casa da Conexa”. Tamén inclúe un photocall onde os visitantes poderán fotografarse acompañados por Dora e Tucho na “leira de Dora”.
13-10-2016 -

Inscríbete en Mocidade Activa

Se tes entre 14 e 17 anos e queres participar en espazos de experimentación, de libre expresión e de creatividade propia, sen esquecer nunca a diversión, non o penses máis e inscríbete en Mocidade Activa!
11-10-2016 -

O alumnado dos centros escolares de Fene traballará a educación emocional e as intelixencias múltiples

O alumnado de primaria e secundaria dos centros escolares de Fene xa poden inscribirse nas actividades de Descubro como aprendo (primaria) e Enfoca (secundaria).
10-10-2016 -

Proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a bibliotecario/a e axudante de arquivo-arquiveiro/a

Publicado no BOP do 10 de outubro a convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a bibliotecario/a e axudante de arquivo-arquiveiro/a, mediante o sistema de concurso libre