Novas

02-11-2016 -

Novidades da Biblioteca Municipal de Fene

A Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé ven de publicar un boletín coas novidades deste outono.
02-11-2016 -

Novembro mes do humor, no Museo do Humor

O Museo do Humor de Fene volverá ser o escenario nas vindeiras semanas do ciclo “Novembro, mes do humor”, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Fene coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña (Rede Cultural).
31-10-2016 -

Recepción municipal aos/ás mellores deportistas dos clubs feneses na tempada 2015/2016

No arranque dunha nova tempada deportiva, o Concello de Fene homenaxeou o pasado venres na Casa da Cultura aos/ás deportistas de clubs feneses que acadaron bos resultados en competicións deportivas a nivel galego. Sen esquecer ao Cultural Maniños que finalizou a tempada pasada como campión da liga 2ª Galicia – Grupo Ferrolterra.
28-10-2016 -

O Concello de Fene homenaxea hoxe venres aos/ás deportistas dos clubs feneses

O salón de actos da Casa da Cultura de Fene acollerá este venres unha recepción aos/ás deportistas dos clubs feneses que acadaron éxitos deportivos en campionatos galegos na tempada 2015-2016.
28-10-2016 -

Requirimento conductor de motobomba

Publícase a resolución de alcaldía 1186/2016 do 28/10/2016 onde se require á persoa que manifesta a súa dispoñibilidade presentación da documentación indicada antes do 01/11/2016
28-10-2016 -

Dispositivo día de tódolos santos e defuntos

Fene contará nos vindeiros días cun dispositivo para mellorar o servizo á veciñanza con motivo do día de tódolos santos e  defuntos
27-10-2016 -

Obradoiro "Recuperación da memoria"

Hoxe xoves 27 de outubro realizarase o Obradoiro “Recuperación da memoria”. Actividade específica para as persoas con perdas de memoria máis outro grupo de apoio  ás  familias
27-10-2016 -

Visitas guiadas a exposición "O Humor do País" de Luís Davila

A Concellería de Cultura do Concello de Fene lembra que ata o vindeiro 15 de novembro poden solicitarse visitas guiadas para grupos (escolas, asociacións, etc) á exposición “O humor do país”, de Luís Davila, que se amosa no Museo do Humor de Fene (Avda. de Conces, 20-22, Fene). As visitas guiadas realizaranse de luns a venres en horario de mañá, podendo complementarse cun percorrido pola exposición permanente do Museo do Humor. Custe da actividade: gratuito.
26-10-2016 -

A Biblioteca municipal festexa o samaín coa actuación "Non che teño medo"

O grupo Lisístrata trae ás 18.00 h deste venres á Biblioteca municipal o espectáculo “Non che teño medo”.
25-10-2016 -

Cambio na organización do Goberno Municipal

O pasado 24.10.2016 dictáronse as Resolucións da Alcaldía 1150, 1152, 1153, 1155 e 1156/2016 polas que se acordou nomear membro da Xunta de Goberno e Delegados á concelleira de EU, Mª Carmen Martínez Rodríguez