Novas

10-01-2017 -

A Concellaría de Medio Ambiente contabilizou 323 niños de velutina ao longo de 2016

A área municipal de Medio Ambiente acaba de facer balance dos avisos atendidos en relación coa vespa velutina nigrithorax durante o ano que acaba de pecharse.
05-01-2017 -

Servizos Sociais desenvolverá ata marzo un programa socioeducativo para mellorar as relacións dentro das familias e previr condutas adictivas

O programa leva o nome de “A familia, máis que un teito”. Un título que se refire á importancia do núcleo familiar na socialización infantil e como primeiro espazo educativo a través da comunicación, do tempo compartido e das emocións.
03-01-2017 -

Os Reis Magos entrarán en Fene por Perlío o xoves a partir das 18.00 horas

Unha cabalgata chea de luz e cor que arrancará no cruzamento de Perlío -fronte ao establecemento Aguilar- para percorrer as principais rúas do centro urbano ata chegar á praza do Concello, onde as SS.MM. escoitarán recordatorios do que ía posto nas misivas ou peticións de última hora.
30-12-2016 -

O Concello de Fene axiliza o pagamento das subvencións para as entidades sociais do municipio

Correspondentes tanto á liña de axudas en concorrencia competitiva como a convenios nominativos para o desenvolvemento de actividades.
30-12-2016 -

O pleno dalle o visto e prace ás bonificacións do IBI para sete entidades sociais do municipio

A corporación de Fene reuniuse a primeira hora desta mañá nun pleno convocado con carácter extraordinario e urxente para aprobar a bonificación dun 95% no imposto de bens inmobles da que se beneficiarán sete colectivos do municipio.
29-12-2016 -

A investigadora María Lois presenta en Fene o seu estudo sobre o nacionalismo no concello

“Construir Galicia(s). Lugar, elecciones y política nacionalista”, obra na que se analiza a evolución do nacionalismo galego representado polo BNG a través dos exemplos de Fene e Allariz.
27-12-2016 -

Máis de 700 persoas tomarán a saída na San Silvestre de Fene

Todo está listo xa para a carreira popular coa que Fene despedirá o ano deportivo no municipio. Máis que unha competición, a San Silvestre é unha festa á que este ano se sumaron un total de 703 persoas.
27-12-2016 -

Lista definitiva de admitidos e excluídos lista peón e peón-tractorista

Publicada a resolución 1398/2016 do 27 de decembro, relativa a aprobación definitiva de admitidos e excluídos para a lista de peón e peón-tractorista.
26-12-2016 -

Tres espectáculos cargados de maxia para as mañás da derradeira semana do ano

Este martes poderemos ver "O Profesor máxico", o mércores "A chisteira máxica" e o xoves "A Bruxiña do Nadal". As tres na Casa da Cultura, as tres a partir das 12.00h.
22-12-2016 -

O Concello proxecta aglomerar a estrada que cruza o núcleo de Lubián

O lugar de Lubián, en Sillobre, estará dentro de pouco en obras por mor da reparación da estrada que cruza este núcleo de poboación para mellora da drenaxe do eixo viario e o seu posterior arranxo cunha nova capa de aglomerado.