Novas

28-09-2016 -

A aula móbil da reciclaxe chega esta semana a Fene

A aula móbil da campaña “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor”, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, contando co apoio de Ecoembes e Sogama, chega mañá xoves 29, de 10.00 a 14.00h, á Praza do Perla en Fene.
27-09-2016 -

Xardín Desordenado presenta en Fene o seu espectáculo "Aprendendo a ladrar"

A Casa da Cultura de Fene acolle este venres ás 20 horas un concerto do grupo Xardín Desordenado, con Marlene Rodrigues (voz), Santiago Ferragud (voz e guitarra) e Isaac Garabatos (guitarra). O recital, organizado pola Concellería de Cultura e Ensino, incluirá poemas musicados de diversas escritoras galegas -dende Rosalía de Castro a Marica Campo, Luz Pichel ou Marta Dacosta- pero tamén cancións do programa “Manuel María entre amigos”, sobre o autor das letras galegas do presente ano. A entrada ao concerto será de balde ata completar o aforo.
21-09-2016 -

Curso de mediadores/as sociais

O concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda convocan un curso de Mediadores Sociais subvencionado pola Consellería de Sanidade.
21-09-2016 -

Listado provisional para a selección de persoal laboral da asociación SEITADURA22

Publicado anuncio  do listado provisional para a selección de persoal laboral da asociación SEITADURA22.
21-09-2016 -

O vindeiro 30 de setembro remata o prazo para presentarse á XXIX edición do Premio Nacional de Poesía "Pérez Parallé"

O premio, convocado polo CMI Unidade de Fene, coa colaboración do Concello de Fene e a editorial “Espiral Maior”, naceu co obxectivo de colaborar na promoción de novas voces, polo que é requisito para participar non ter publicado ningún libro individual de poesía. Porén, admitiranse traballos presentados por persoas que publicasen previamente algún libro en edición de autor.
19-09-2016 -

Chamamento do CTG á doazón de sangue

O Centro de Transfusión de Galicia (CTG) fai un chamamento á poboación para a doazón de sangue, co obxectivo de acadar 500 doazóns de sangue cada día. A veciñanza de Fene que queira participar nesta doazón poderá  facelo o martes 20 de setembro e o mércores 21 de setembro,  xa que unha unidade móbil situarase diante da Praza do Concello de 15:30 - 21:00 h.
19-09-2016 -

A Asociación Por + Vida premiada na 4ª Edición da Carreira Solidaria da Muller de A Coruña.

A Asociación Por + Vida obtivo o primeiro premio como asociación con máis participantes que chegasen á meta e o segundo premio como asociación con mellor tempo de chegada na 4ª Edición da Carreira Solidaria da Muller de A Coruña celebrada o pasado domingo 18 de setembro na Coruña.
19-09-2016 -

Horarios tempada 2016-2017

A Concellería de Deportes publica os horarios de adestramento do pavillón polideportivo da Xunqueira en San Valentín e do Ramo durante toda a tempada 2016/2017.
16-09-2016 -

Aberto o prazo no proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a traballador/a social

Convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a traballador/a social, mediante o sistema de concurso libre
15-09-2016 -

O Concello de Fene convoca as axudas do Bono Bús Universitario 2016-2017

Favorecer o desprazamento do/a alumnado que curse estudos universitarios e que necesite usar diariamente o autobús para os seus desprazamentos dende Fene até A Coruña, é o principal obxectivo do programa de subvencións ao transporte de estudantes universitarios que ven de aprobar o Concello de Fene.