Segundo informa o departamento de deportes aproveitando o peche da piscina neste periodo estival, levaronse a cabo as tarefas de selado do vaso e vestiarios, mellora da eficiencia enerxética da caldeira coa instalación dun novo intercambiador de calor para o acumulador de auga sanitaria, renovación e acondicionamento dos filtros de area, eliminación dos focos subacuáticos así como diversas actividades de mantemento e acondicionamento. Todo para unha posta a punto da instalación municipal.
Publicadas as bases para a selección de persoal laboral da asociación SEITADURA22, Ferrol, Eume, Ortegal, Miño E Vilarmaior, para xestionar, no GDR Nº 24, a medida LEADER de Galicia cofinanciada polo Feader, no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
O programa ten como finalidade preparar aos nenos e ás nenas para a volta ao cole; traballaranse unha serie de contidos, de forma lúdica e participativa para repasar e coller os hábitos escolares de cara ao novo curso.
O Concello acometeu nesta fin de semana a limpeza do río Cádavo coa finalidade de manter limpo o cauce do río no seu paso por Fene e a de paliar, na medida do posible, as inundacións na parroquia de Perlío.
Publícase a resolución de alcaldía 942 do 26 de agosto na que se require documentación ao persoal do listado do Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña.
Ante a necesidade de acadar 500 doazóns de sangue cada día, a unidade móbil do CTG situarase o mércores día 24 de agosto e o xoves 25 de agosto diante do Concello de Fene en horario de 09.30 a 14.30 horas e de 15.30 a 21.00 horas.
Publicadas a lista definitiva proceso selectivo para a selección de persoal laboral temporal mediante o sistema de concurso oposición para a realización do programa de integración laboral mediante execución de obras e servizos mínimos municipais financiado pola Deputación provincial da Coruña