Novas

22-07-2016 -

I Torneo de verán Fútbol Sala Femenino

Mañá sábado 23 de xullo, o Pavillón da Xunqueira acolle dende ás 16.00 h o I Torneo de verán de fútbol femenino.
21-07-2016 -

Lista provisional de admitidos e excluído no proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a conductor de vehículo motobomba

Publicado o anuncio relativo a resolución de alcaldía núm. 786/2016 do 21.07.2016 pola que se aproba a lista provisional de admitidos e excluído no proceso selectivo dun conductor de vehículo motobomba.
21-07-2016 -

Anuncio nomeamento funcionario interino peón

Nomeamento como funcionario interino dunha praza do grupo: agrupación sen titulación; escala: Administración Especial; subescala: Servizos Especiais; Clase: persoal de oficios; denominación: peón(a).
20-07-2016 -

Bolsa interinos/as de auxiliares administrativos/as

Publicada a resolución pola que se aproba a bolsa de interinos resultante do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a funcionario/a interino/a de prazas de auxiliar administrativo grupo: C; subgrupo: C2; escala: administración xeral; subescala: auxiliar administrativa, mediante o sistema de concurso oposición libre convocado por Resolución de alcaldía 236/2016.
19-07-2016 -

Anuncio Brigadistas

Anuncio relativo ao persoal contratado como brigadistas de prevención, vixilancia e defensa contra os incendios forestais.
18-07-2016 -

Anuncio da proposta de aprobados/as para a creación dunha lista de prazas de auxiliar administrativo

Publicado o anuncio  do acordo da proposta de aprobados do tribunal de selección para a creación dunha lista de aspirantes a funcionario/a interino/a de prazas de auxiliar administrativo.
18-07-2016 -

Proposta de bolsa de interinos/as prazas de administrativo/a

Publicado o anuncio relativo as puntuación do terceiro exercicio das prazas de administrativo e da proposta de bolsa de interinos á alcaldía, unha vez feitos os oportunos desempates por sorteo, a cal deberá definitiva no caso de que non se presenten alegacións á corrección do terceiro exercicio
18-07-2016 -

Xornada formativa dirixida ao persoal das comisións de festas

A Concellería de Persoal, Seguridade, Formación e Emprego, organiza unha xornada formativa co obxectivo de informar sobre os procedementos a seguir para solicitar as correspondentes autorizacións municipais así como as medidas de seguridade a observar á hora de organizar festas parroquiais e/ou gastronómicas, festivais musicais e outras actividades análogas
15-07-2016 -

Gañadores/as do IX Concurso De Tapas do Concello de Fene

No Salón de Plenos do Concello tivo lugar a entrega de premios aos gañadores do IX Concurso de Tapas do Concello de Fene, celebrado entre o 13 de Maio e o 5 de Xuño e organizado pola Concellería de Promoción Económica, ao fronte da cal está César Castro.
15-07-2016 -

"Galicia é patria, sentimento e emoción"

Ao redor dunha trintena de persoas (membros da Corporación Municipal, representantes do movemento asociativo e veciños/as de Fene) reuníronse onte á tarde no parque liñal do Río Cádavo para asistir á lectura da Declaración Institucional do Día da Patria Galega. O texto foi elaborado este ano pola psicóloga, experta en igualdade e mestra do Ceip Centieiras de Perlío-Fene, Paloma Rodríguez Vázquez. A concelleira de Cultura e Ensino, Amalia García, foi a encargada de abrir o acto, lembrando que o Concello de Fene organiza o Ciclo do Día da Patria Galega e encarga a algún persoeiro vencellado con Fene a súa Declaración Institucional coma “un xeito de conservar para as vindeiras xeracións testemuños do noso pasado e proxectar o noso futuro en forma de homenaxe a unha data que, en palabras de Castelao, é a festa maior de Galicia”.