Novas

14-07-2016 -

Coa lectura da declaración institucional o programa do Ciclo do Día da Patria Galega chega ao seu fin

Hoxe xoves 14 de xullo pecharase o programa do Ciclo do Día da Patria Galega coa lectura da declaración institucional do “Día da Patria Galega” no Parque Liñal do Río Cádavo, fronte ao monumento “Día da Patria”. No acto, que comezará ás 20.00 horas, intervirá a psicóloga, experta en igualdade e mestra do Ceip Centieiras de Perlío-Fene, Paloma Rodríguez Vázquez, autora da declaración institucional do Día da Patria Galega 2016
14-07-2016 -

Obradoiro de emprego "REINICIA III"

O Concello de Fene, xunto cos de Ares, Mugardos, Neda e Cabanas vai a levar a cabo o Obradoiro de Emprego denominado “REINICIA III”, programa mixto de formación e emprego dirixido a persoas desempregadas maiores de 18 anos e subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
13-07-2016 -

Nova edición da Festa da Veciñanza

Xornada de convivencia interxeracional que organiza a Concellería de Cultura e Ensino de Fene, coa colaboración do movemento asociativo do Concello, e que terá lugar hoxe mércores, 13 de xullo, na Praza do Concello.
13-07-2016 -

O alcalde de Fene mantén unha xuntanza sobre a xestión compartida do Punto Limpo de Vilar de Colo

Os alcaldes de Fene, Ares, Mugardos, Cabanas manterán esta mañá unha xuntanza  na que Juventino Trigo dará conta do informe emitido, a petición do Concello de Fene, polo Servizo de Orzamentos e Asistencia económica municipal da Deputación Provincial de A Coruña en referencia a xestión do Punto Limpo de Vilar de Colo.
13-07-2016 -

Nova edición da Festa da Veciñanza

Xornada de convivencia interxeracional que organiza a Concellería de Cultura e Ensino de Fene, coa colaboración do movemento asociativo do Concello, e que terá lugar hoxe mércores, 13 de xullo, na Praza do Concello. A Festa encádrase no ciclo do Día da Patria Galega que comezou o pasado venres cun concerto de Xabier Díaz & Adufeiras do Salitre e que concluirá este xoves coa lectura da Declaración Institucional do Día da Patria Galega no parque liñal do Río Cádavo, a cargo de Paloma Rodríguez Vázquez.
13-07-2016 -

Proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes de persoal laboral temporal, condutor de vehículo motobomba

Publicado no BOP do 13 de xullo a convocatoria dunha lista de aspirantes de persoal laboral temporal, condutor de vehículo motobomba (servizo de extinción de incendios), mediante o sistema de concurso-oposición libre.
12-07-2016 -

Canto coral na semana central do ciclo "Día da Patria Galega"

 A programación  do Ciclo do Día da Patria Galega en Fene continuará hoxe martes, 12 de xullo, a partir das 20:30 horas co Certame de Habaneiras e Canto Coral no que actuarán as Rondallas Estrelecer e Perla do Río e as corais de Agarimo, San Valentín, Eterna Xuventude e O Pote de Maniños. Tamén actuará o TradiCoro e pechará o concerto  Sisters in the house, coro de música moderna integrado exclusivamente por mulleres e fundado na cidade da Coruña no ano 2008, por Carmen Rey (piano, dirección musical e arranxos) e Ángeles Dorrio.
12-07-2016 -

O alcalde de Fene asina na Deputación os convenios da Rede Cultural

O alcalde de Fene, acompañado da concelleira de cultura, Amalia García Balado, asistiu na mañá de onte ao acto de sinatura de convenios do programa Rede Cultural’2016.
12-07-2016 -

Este venres, 15 de xullo, remata o prazo de inscrición para o curso preparatorio do Celga 3 que terá lugar en Fene.

O curso desenvolverase no CEIP de Centieiras do 12 de outubro ao 2 de novembro de 2016, de luns a venres e en horario de 19.00 a 21.00 h. O obxectivo do mesmo é preparar ao alumnado para a obtención do certificado CELGA-3.
12-07-2016 -

Agustín Fernández Paz, o teu compromiso coa lingua e o contributo á cultura do país sempre nos acompañarán.

O alcalde de Fene, Juventino Trigo Rey, amosou a súa  enorme tristura polo falecemento do escritor Agustín Fernández Paz, unha persoa á que no Concello de Fene lle estaremos sempre agradecidos.