A sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene acollerá a partir do vindeiro martes, 12 de xullo, a exposición “1ª Experiencia Cerámica” dos/as alumnos/as da “Escola de Cerámica Muíño Río Va” que dirixe a ceramista Carme Romero. A mostra inclúe ao redor dunha trintena de pezas de cerámica tradicional, pinturas cerámicas e cerámica creativa, realizadas por Tere, Viqui, Antolín, Gloria, Rosalía, Noelia e Fina.