Novas

27-10-2016 -

Visitas guiadas a exposición "O Humor do País" de Luís Davila

A Concellería de Cultura do Concello de Fene lembra que ata o vindeiro 15 de novembro poden solicitarse visitas guiadas para grupos (escolas, asociacións, etc) á exposición “O humor do país”, de Luís Davila, que se amosa no Museo do Humor de Fene (Avda. de Conces, 20-22, Fene). As visitas guiadas realizaranse de luns a venres en horario de mañá, podendo complementarse cun percorrido pola exposición permanente do Museo do Humor. Custe da actividade: gratuito.
26-10-2016 -

A Biblioteca municipal festexa o samaín coa actuación "Non che teño medo"

O grupo Lisístrata trae ás 18.00 h deste venres á Biblioteca municipal o espectáculo “Non che teño medo”.
25-10-2016 -

Cambio na organización do Goberno Municipal

O pasado 24.10.2016 dictáronse as Resolucións da Alcaldía 1150, 1152, 1153, 1155 e 1156/2016 polas que se acordou nomear membro da Xunta de Goberno e Delegados á concelleira de EU, Mª Carmen Martínez Rodríguez
25-10-2016 -

Proceso selectivo para a creación de tres listas de aspirantes a funcionario/a interino/a das prazas de peón, chofer condutor e peón-tractorista

Publicada no BOP do 25/10/2016 a convocatoria do proceso selectivo para a creación de tres listas de aspirantes a funcionario/a interino/a das prazas de peón, chofer condutor e peón-tractorista, mediante o sistema de concurso-oposición libre.
25-10-2016 -

Programa Actívate!........Atopa o teu emprego!

A Concellería de Promoción Económica presenta Actívate!........Atopao teu emprego!,  programa de formación dirixido a persoas desempregadas de Fene ou que queiran mellorar o seu emprego.
25-10-2016 -

Programa Actívate!........Impulsa o teu negocio!

A Concellería de Promoción Económica presenta Actívate!........Impulsa o teu negocio!,  programa de formación dirixido as empresas do municipio, coa finalidade de mellorar a súa competitividade.
21-10-2016 -

24 de outubro, Día da Biblioteca

O luns 24 de outubro celébrase o "Día da Biblioteca" e na Biblioteca Municipal "Xosemaria Pérez Parallé" celebrarémolo con Fátima Fernández que nos vai a presentar "Érase unha vez uns zapatos...", actividade englobada no programa Ler Conta Moito 2016 da Xunta de Galicia.
21-10-2016 -

Plan Marco: Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016

As melloras no Camiño do Cemiterio de Campanario (Limodre), Camiños da Ribeira-Barreiro e do Belelle (Sillobre) foron recepcionadas o pasado 23 de setembro de 2016, baixo o Plan Marco: Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agracias 2016, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) ao abeiro do PDR de Galicia 2014-2020.
19-10-2016 -

XXVIII Xuntanza de Gaiteiros 2016

O sábado día 29 de outubro de 2016 a partir das 19.30 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” celebrará a XXVIII Xuntanza de Gaiteiros, actividade que organizan anualmente dende o 1988.
19-10-2016 -

XXVIII Xuntanza de Gaiteiros 2016

O sábado día 29 de outubro de 2016 a partir das 19.30 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” celebrará a XXVIII Xuntanza de Gaiteiros, actividade que organizan anualmente dende o 1988. Nestas xuntanzas, ademais da participación de distintas bandas, grupos ou músicos, realízase unha homenaxe a algunha persoa, grupo ou entidade que se caracterizou por gardar, recoller, recuperar e dar a coñecer a nosa música tradicional.