O xurado do XX Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor”, reunido esta mañá nas instalacións do Museo do Humor de Fene, ven de dar a coñecer os nomes dos gañadores/as do certame na súa edición 2016. O xurado -formado polo alcalde de Fene, Juventino Trigo, pola concelleira de Cultura, Amalia García, polos debuxantes Juan Carlos Abraldes, Luís Davila e Santy Gutiérrez, e polo xestor de Actividades Culturais do Concello (que actuou en calidade de secretario do certame), Daniel Romero- acordou por unanimidade conceder os premios a