A Concellería de Deportes organiza para este venres, 3 de xuño, a exhibición das escolas deportivas municipais. A actividade comezará ás 17.00 horas no Pavillón da Xunqueira (San Valentín) e incluirá demostracións das habilidades adquiridas ao longo do presente curso polo alumnado de ximnasia rítmica, judo, pequedeporte, atletismo, baile moderno, patinaxe, baloncesto, fútbol sala feminino, kárate e ximnasia artística. Unha vez rematadas as exhibicións, entregaranse os diplomas a todos/as os/as participantes.