A Concellería de Formación e Emprego de Fene, ven de anunciar a solicitude doutro obradoiro de emprego denominado “REINICIA III” ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria xunto cos concellos de Ares, Cabanas, Neda e Mugardos.
Este venres 27 de maio dende ás 16.30 h na AVV de Perlio o grupo de In Fene se reunirá unha vez máis para festexar unha festa da auga. Ao final da xornada repoñerán enerxías elaborando os seus propios zumes e batidos saudables.... de verdade que o ides a perder??. Anímate e participa!.
O IES de Fene desenvolve hoxe nas súas aulas o obradoiro de Bebidas Saudables, actividade da Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene enmarcada no Programa de Prevención de Drogodependencias e Promoción da Saúde.
Hoxe xoves 26 de febreiro realizarase o Obradoiro “Recuperación da memoria”. Actividade específica para as persoas con perdas de memoria máis outro grupo de apoio ás familias
O Concello de Fene xunto cos de Ares, Mugardos, Neda e Cabanas concorre á convocatoria de obradoiros de emprego, programas mixtos de formación e colocación dirixidos a mozos e mozas empadroados nun dos cinco concellos e que estean rexistrados no programa de garantía xuvenil co proxecto denominado INICIA I.
O xurado do VI Certame de Microrrelatos “Concello de Fene” ven de dar a coñecer os nomes dos gañadores/as do concurso que organiza a Concellería de Cultura e Ensino e os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino feneses e que este ano xirou en torno á temática das “viaxes”.
O CEIP Os Casais acolle de 16:30 a 18:00 h unha sesión dirixida ás familias con fillas/os en educación primaria onde se aborará o tema “Técnicas de estudio e a implicación das familias”.
A sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene acolle ata o vindeiro martes 31 de maio a exposición “Pequenas crianzas coa arte”. A mostra recolle unha compilación de pinturas e esculturas realizadas polo alumnado da Escola Infantil “A galiña azul” de Fene. As obras foron confeccionadas por nenos/as de 1-2 anos e de 2-3 anos en distintos talleres nos que tamén participaron as súas familias.
A Praza do Concello de Fene encheuse o pasado venres de flores e música nun acto organizado pola comunidade escolar do Ceip Centieiras de Perlío para recuperar a tradición dos Maios