Novas

29-08-2016 -

O Concello de Fene limpa e sanea o río Cádavo

O Concello acometeu nesta fin de semana a limpeza do río Cádavo coa finalidade de manter limpo o cauce do río no seu paso por Fene e a de paliar, na medida do posible, as inundacións na parroquia de Perlío.
27-08-2016 -

Requirimento de documentación do Programa de Integración Laboral

Publícase a resolución de alcaldía 942 do 26 de agosto na que se require documentación ao persoal do listado do Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña.
26-08-2016 -

Horario tempada 2016/2017 Campo de Fútbol "Os Pinares"

Publícanse os horarios da tempada 2016/2017 da ocupación do Campo de Fútbol de Os Pinares a partir do 1 de setembro de 2016.
26-08-2016 -

Horarios pretempada do pavillón de "A Xunqueira"

Publícanse os horarios da pretempada do pavillón municipal de "A Xunqueira" do 12 ao 30 de setembro de 2016.
23-08-2016 -

Unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia diante do concello

Ante a necesidade de acadar 500 doazóns de sangue cada día, a unidade móbil do CTG situarase o mércores día 24 de agosto e o xoves 25 de agosto diante do Concello de Fene en horario de 09.30 a 14.30 horas e de 15.30 a 21.00 horas.
23-08-2016 -

Contratación de persoal laboral temporal dentro do Plan de Integración Laboral da Deputación

Publicado o anuncio relativo al proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal de 3 peòns e 2 oficiais albaneis
22-08-2016 -

Lista definitiva contratación de persoal laboral temporal dentro do Plan de Integración Laboral da Deputación

Publicadas a lista definitiva proceso selectivo para a selección de persoal laboral temporal mediante o sistema de concurso oposición para a realización do programa de integración laboral mediante execución de obras e servizos mínimos municipais financiado pola Deputación provincial da Coruña
22-08-2016 -

Prepárate para a volta á escola

Se tes entre 6 e 12 anos e queres prepararte para a volta á escola, tes até o 26 de agosto de prazo para matricularte no programa “Preparad@s list@s ..xa!”. Quedan 5 prazas libres!
22-08-2016 -

Nomeamento funcionario interino

Publicado o anuncio relativo ao nomeamento de funcionarios interinos de 2 peóns
18-08-2016 -

Probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016

Publicada no DOG do 18 de agosto a convocatoria ás probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016