O ciclo “Música con retranca” que se está a desenvolver no Museo do Humor de Fene volve hoxe venres, 27 de maio, co grupo “Os da ría”. Esta banda formada por Arturito e Fabián, “dous grandes divos da música lixeira” e acompañados ao piano -no seu formato máis “Íntimo”- polo músico Susito Pián, trae un espectáculo cheo de inxenio, humor e música, onde lembrará os seus grandes hits como “Infanta Elena”, “Caramba, que guapa estás” ou “Fernando Ónega”.