Novas

11-05-2016 -

Construíndo Pontes no CPS de San Valentin

As persoas participantes en Construíndo Pontes se trasladan este xoves 12 de maio o CPS de San Valentín, de 16.30 a 18.00 h, para recoller información para documento de traballo deste mes: como a chegada da electricidade e dos novos medios de comunicación foi mudando a vida cotiá e as costumes das persoas de Fene.
11-05-2016 -

As consecuencias de ser coidadores

Mañá xoves 12 de maio o Obradoiro “Recuperación da memoria” reunirá o grupo de apoio as familias ademais do grupo específico para persoas con perdas de memoria.
11-05-2016 -

O equipo Senior da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Fene gaña o campionato provincial escolar

A ximnasia rítmica, o kárate, o judo e o fútbol fenés están de noraboa. As compoñentes do equipo senior da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica acadaron o primeiro posto no Campionato Provincial Escolar de Ximnasia Rítmica, celebrado a pasada fin de semana en Riazor. Baixo a dirección da monitora Anaís Freire, as ximnastas fenesas María López, Nerea Pena, Paula Pardo, Iria Cazás e Iria Hermida, realizaron un exercizo con cintas e aros que lles da pase ao Campionato Galego Escolar que terá lugar o vindeiro 28 de maio, tamén en Riazor.
10-05-2016 -

O concello de Fene conmemorará o día Mundial do Medio Ambiente cunha excursión a Pontevedra

A Concellería de Medio Ambiente de Fene convida á veciñanza a participar nunha visita guiada a Pontevedra, concello cuxas políticas medioambientais e de peonalización do casco histórico acadaron numerosos recoñecementos e son un referente a nivel mundial. A excursión, prevista para o domingo 5 de xuño, encádrase na conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente. A saída está prevista ás 9.00 horas da Praza do Concello e o regreso (de Pontevedra cara á Praza do Concello de Fene) ás 19.00 horas.
09-05-2016 -

"Música con retranca" no Museo do Humor de Fene

Coincidindo coa conmemoración do Día dos Museos, o vindeiro mércores 18 de maio comeza no Museo do Humor de Fene o ciclo “Música con retranca”, organizado pola Concellería de Cultura e Ensino de Fene coa colaboración da Xunta de Galicia (Cultura no Camiño). O programa inclúe catro espectáculos que se caracterizan por combinar música e humor. Na primeira xornada, o mércores 18 de maio, actuará o grupo “De Vacas”. O venres 20 de maio subirá ao escenario da Casa da Cultura de Fene o dúo formado por Lucía Aldao e María Lado, “Aldaolado”, e no seguinte venres, o 27 deste mes, os protagonistas serán “Os da ría”. O ciclo pecharase o venres 3 de xuño co espectáculo de cabaré “Lilí Berlín”.
06-05-2016 -

VIII Marcha Ciclista Popular "Concello de Fene"

A Concellería de Deportes de Fene organiza unha nova marcha ciclista popular para este domingo 8 de maio, con saída ás 11.00 horas da Praza do Concello. A actividade incluirá a V Ruta de Menores así coma un servizo de préstamo de bicicletas e cascos. As incricións faranse o mesmo día, dende as 9.30 ata as 10.45 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.
06-05-2016 -

III Encontro das lavandeiras de Sillobre e Festival de Corais en Magalofes

O ciclo “Maio, Mes das Letras” continúa esta fin de semana coa recreación das “Lavandeiras de Sillobre”, encontro organizado pola SCRD Agarimo, e cun festival de corais que se celebrará na AVV de Magalofes. Ambas as dúas citas terán lugar este sábado, 7 de maio. Previamente, hoxe venres, o Salón de Plenos da Casa do Concello acollerá o recital poético “Homenaxe a Manuel María” (19 horas) que organiza a Concellería de Cultura e Ensino coa participación de representantes dos grupos municipais e do movemento asociativo fenés. O recital completarase cunha actuación musical a cargo da cantante María Manuela e do músico Xurxo Varela.
05-05-2016 -

Segundo mergullo adaptado no Concello de Fene

A concellería de Deportes de Fene, en colaboración coa Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS), o club fenés CAS Nautilus e a asociación Aspaneps Fene, organizan para o vindeiro sábado, 7 de maio, un novo Bautismo de Mergullo Adaptado. A actividade desenvolverase na piscina municipal de Centieiras en horario de 17:00 a 19:15 horas e contará coa participación de cinco persoas.
04-05-2016 -

Recital poético en lembranza de Manuel María

A Concellería de Cultura e Ensino organiza para este venres, 6 de maio, un recital poético en lembranza de Manuel María, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. No acto, previsto para as 19 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello, participarán representantes do movemento asociativo do concello e dos grupos municipais. Concluído o recital, está prevista unha actuación musical a cargo da cantante María Manuela e do músico Xurxo Varela. Entrada libre e de balde.
03-05-2016 -

Convocatoria para a elección do xuíz de paz titular de Fene

Publicado no Bop do martes 3 de maio as Bases para a selección dun xuíz/a de paz substituto do Xulgado de Fene