O Xefe Territorial de Educación, Indalecio Cabanas, clausurou o pasado luns o programa “Contamos”, organizado polo CEIP Centieiras co obxectivo de “abrir o centro á comunidade educativa, estreitar lazos coas institucións e sociedades e propiciar que o colexio e o seu alumnado sexan tidos en conta na ampla comunidade educativa”. Nesta derradeira sesión do programa, o responsable de Educación protagonizou unha sesión de contacontos co alumnado de Educación Infantil que, á súa vez, agasallou ao Xefe Territorial cun lenzo no que se representaba un poema de Manuel María adicado ao merlo.