Novas

13-04-2016 -

Construíndo Pontes no CPS Liga de Amigos de Barallobre

As persoas participantes en Construíndo Pontes se trasladan ás entidades  para realizar unha sesión de recollida de información para documento de traballo deste mes: como a chegada da electricidade e dos novos medios de comunicación foi mudando a vida cotiá e as costumes das persoas de Fene.

12-04-2016 -

Fene acolle este domingo o campionato provincial de duatlón escolar

Ao redor de 300 nenos e nenas de 9 a 16 anos tomarán parte este domingo, 17 de abril, no Campionato Provincial de Duatlón Escolar -modalidade deportiva que combina a bicicleta coa carreira a pe- que vai ter lugar no barrio fenés de San Valentín. A proba está organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e pola Concellería de Deportes de Fene coa colaboración do Club Triatlón Ferrol, Lodeco e Federación Galega de Triatlón.
11-04-2016 -

Encontro có presidente da Xunta e o conselleiro de Política Social para impulsar as liñas de acción social

O presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoo e o conselleiro de Política Social José Manuel Rey Varela, visitaron hoxe Fene. Acudiron á escola infantil A Galiña Azul en Perlío e á instalación que se poñerá en marcha no vindeiro curso escolar no Carril en Barallobre
08-04-2016 -

Campaña de verán 2016

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2016
07-04-2016 -

Fene acolle un Bautismo de Mergullo Adaptado

A concellería de Deportes de Fene, en colaboración coa Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS), o club fenés CAS Nautilus e a asociación Aspaneps Fene, organizan para o vindeiro sábado, 9 de abril, un Bautismo de Mergullo Adaptado. A actividade desenvolverase na piscina municipal de Centieiras en horario de 17:00 a 18:30 horas.
06-04-2016 -

III Encontro de Cantareiras

A Liga de Amigos de Barallobre e a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”  convida a cidadanía ao “III Encontro de Cantareiras” que se celebrará o sábado día 09 de abril ás 20.00 horas no local da Liga de Amigos de Barallobre (Fene).
Neste acto tamén participarán as escolas de: Xogo Musical - Canto, Baile e Percusións varias - Gaita (nenas/os) de Airiños de Fene.
06-04-2016 -

Entrega de diplomas do II Taller de Radio da Biblioteca Municipal de Fene

Coa gravación dun programa de radio na emisora municipal Radio Fene, concluíu o pasado xoves o II Taller de Radio, promovido pola Biblioteca Municipal “Pérez Parallé” para conmemorar a Semana da Prensa. A concelleira de Cultura e Ensino, Amalia García, foi a encargada de entregar os diplomas aos oito nenos e nenas participantes que, unha vez finalizada a actividade, recibirán copia do programa realizado.
05-04-2016 -

O control das emocións e a autonomía versus a dependencia familiar obxectivos do programa Cine e Sáude

Alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO participou ao longo do mes de marzo no Programa Cine e Saúde.
Programa emarcado no Plan de protección e promoción da saúde, en colaboración coa Consellería de Sanidade - Dirección xeral de innovación e xestión da saúde pública.
05-04-2016 -

Exposición "Da botella ao mar" de Miguel Melero na Casa da Cultura de Fene

Xa se pode visitar na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene a nova exposición do pintor pontevedrés Miguel Melero. A mostra, titulada “Da botella ó mar”, recolle unha escolma dos traballos do artista, comezando polos bodegóns (composicións moi recurrentes na súa obra), pasando pola serie “Árbores” ata as últimas e recentes obras que reflicten o mar e que ven de expoñer co nome de “Atlántico.”
05-04-2016 -

III Feira de Segunda Man e Troco de Fene

O vindeiro 1 de maio terá lugar a III Feira de Segunda Man e Troco do municipio. O pavillón municipal de San Valentín acollerá en horario de 11 a 19 horas, os postos da feira, na que poden tomar parte tanto particulares como entidades sen ánimo de lucro.