Novas

04-04-2016 -

Acto de clausura do Obradoiro de Emprego Inicia

O venres día 1 de abril tivo lugar as 13,00h no salón de Plenos do Concello de Fene o acto de clausura do Obradoiro de Emprego “INICIA” que se veu desenvolvendo conxuntamente cos Concellos de Ares e Cabanas durante os seis últimos meses.
01-04-2016 -

Éxito da xornada de clausura do programa "Adeus Rios, Adeus Fontes"

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, e a concelleira de Medio Ambiente, Mariela Aguilar, foron os encargados de inaugurar e pechar o evento, respectivamente
31-03-2016 -

Brinca vai! de Paco Nogueiras na Biblioteca Municipal

A Biblioteca Municipal “Pérez Parallé” de Fene conmemora este venres o Día do Libro Infantil e Xuvenil co espectáculo "Brinca vai! de aquí a acolá", de Paco Nogueiras. A función, prevista para as 18.00 horas, vai dirixida a todos os públicos. Entrada libre ata completar o aforo.
31-03-2016 -

Acto clausura Obradoiro Emprego Inicia

Mañá venres día 1 de abril ás 13,00h o salón de Plenos do Concello acollerá o acto de clausura do Obradoiro de Emprego “INICIA” que se veu desenvolvendo conxuntamente cos Concellos de Ares e Cabanas durante os seis últimos meses.
30-03-2016 -

Unha plantación de árbores autóctonas e un recital poético pechan este venres o programa "Adeus Ríos, Adeus Fontes"

O evento, organizado pola Concellería de Medio Ambiente, reunirá no Parque Liñal de Vilanova (baixo o viaducto da autoestrada) a uns 250 escolares do municipio
29-03-2016 -

VI Concurso de microrrelatos e III Certame de creación artística "En Galego? É o noso!

Con motivo da vindeira celebración do Día das Letras 2016, a Concellería de Cultura e Ensino de Fene e e os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino do concello convocan a sexta edición do concurso de Microrrelatos e o terceiro Certame de Creación Artística “En galego? É o noso!”. Ambos os dous concursos están dirixidos ao alumnado dos centros educativos do Concello de Fene.
28-03-2016 -

Día do teatro na Biblioteca con Trinketrinke Teatro

Coa representación de “Riciños de ouro e os tres osos”, a cargo de Trinketrinke Teatro, comeza o martes 29 de marzo a programación de primavera da biblioteca municipal “Xosemaría Pérez Parallé”. Esta actividade, organizada pola Concellería de Cultura e Ensino, encádrase no programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia.
23-03-2016 -

Cubertas todas as prazas para a visita guiada a Navantia-Fene do 3 de abril, na quenda das 12:00 h

Se o pasado luns xa se cubrían a totalidade das prazas ofertadas para as visitas do domingo, 27 de marzo, a día de hoxe xa está completa a quenda das 12:00 h do domingo 3 de abril e hai 27 prazas dispoñibles para a quenda das 10:00 h. Esta oferta de visitas guiadas a Navantia-Fene, promovida pola dirección de Navantia en colaboración co Concello de Fene, proseguirá todos os domingos até o mes de xullo, data en que os jackets se trasladarán ao seu destino.
23-03-2016 -

A Oficina de Turismo abre as súas portas

Dende o xoves 24 e até o domingo 27 de marzo as instalacións atenderán a visitantes e veciños na Semana Santa, en horario de mañá e tarde.
23-03-2016 -

Concentración de rexeitamento do atentado de Bruselas e de apoio ás vítimas

O Alcalde de Fene, membros da corporación e traballadores e traballadoras municipais concentráronse ás 12:00 da mañá diante da Casa do Concello