Novas

02-06-2016 -

A Concellería de Cultura e Ensino edita e publica os microrrelatos finalistas

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, e a concelleira de Cultura, Amalia García, entregaron onte á tarde na Casa da Cultura os premios do VI Concurso de Microrrelatos “Concello de Fene”. Cada un dos gañadores/as do certame recibiu un diploma, un vale por importe de 100 € para a compra de libros e/ou material escolar e un lote de libriños que a Concellería de Cultura e Ensino editou cos microrrelatos finalistas. Como en edicións anteriores, a publicación en formato papel dos microrrelatos distribuiuse entre os/as gañadores/as e os centros participantes. A maiores, tamén se pode descargar aquí .
01-06-2016 -

Entrega premios do VI Certame de Microrrelatos "Concello de Fene"

Hoxe mércores 1 de xuño ás 19.00 h o salón de actos da Casa da Cultura acollerá a entrega de premios e a presentación da publicación cos microrrelatos. Ao remate do acto, haberá unha actuación musical a cargo do dúo de violín e guitarra “Son do Ar”.
01-06-2016 -

O Ciclo Música con Retranca despídese cunha noite de cabaré

Este venres, 3 de xuño, preséntase no Museo do Humor de Fene o cabaré musical “Lilí Berlín”, con Blanca Cendán e Suso Alonso sobre o escenario. “Lilí Berlín”  un espectáculo que medra na ironía e no humor, cheo de  crítica política e social e que ten como fío conductor diversas melodías de compositores coma Kurt Weill, Friedrich Höllander, Scott Joplin, John Kander, Norbert Schultze e Kraftwerk entre outros.
01-06-2016 -

Exhibición das escolas deportivas municipais

A Concellería de Deportes organiza para este venres, 3 de xuño, a exhibición das escolas deportivas municipais. A actividade comezará ás 17.00 horas no Pavillón da Xunqueira (San Valentín) e incluirá demostracións das habilidades adquiridas ao longo do presente curso polo alumnado de ximnasia rítmica, judo, pequedeporte, atletismo, baile moderno, patinaxe, baloncesto, fútbol sala feminino, kárate e ximnasia artística. Unha vez rematadas as exhibicións, entregaranse os diplomas a todos/as os/as participantes.
01-06-2016 -

Volve o Verán máis alá!!

Baixo o lema “Andando en igualdade as terras de Fene!” volve un ano máis o programa de conciliación da vida laboral familiar “Verán máis alá”, dirixido ao alumnado escolarizado en educación infantil e primaria nado entre os anos 2004 e 2012 (idades de referencia, de 3 a 12 anos). O “Verán máis alá” de Fene é un espazo lúdico-educativo non regrado no que se practica e fomenta o galego como lingua de uso, amais de “promovérense contidos transversais que respondan aos problemas sociais e que teñan presente a formación en valores: educación para a paz e a non violencia, a tolerancia, a solidariedade, a igualdade social, a igualdade entre mulleres e homes, etc.”
31-05-2016 -

Normas e límites

O CEIP Centieiras, en Perlio acollerá hoxe martes 31 de maio e o mércores 1 de xuño, de 16:00 a 17:30 h unhas sesións dirixidas ás familias con fillas/os en educación primaria onde se aborará o tema “Normas e límites”.
31-05-2016 -

Última Charla Informativa sobre a Vespa Asiática

Hoxe, martes 31 de maio impartirase a derradeira charla sobre a vespa asiática na ACDR Liga de Amigos de Barallobre. Será ás 19.30 h no local da sociedade, as persoas que acudan deberán levar unha botella de plástico xa que na charla realizarase unha demostración da fabricación de trampas caseiras.
31-05-2016 -

Anuncio nomeamento peón funcionario interino

Publicado o anuncio relativo ao nomeamento dun peón funcionario interino
30-05-2016 -

Festival de Fin de Curso das Escolas Municipais de Música

O salón de acto da Casa da Cultura de Fene acollerá hoxe luns, 30 de maio, o Festival de Fin de Curso das Escolas Municipais de Música. Neste concerto, que comezará ás 17.00 horas, actuará o alumnado das escolas municipais de solfexo, piano e guitarra, baixo a coordenación dos profesores Daniel Adzemian (guitarra) e Salvador Acosta e Miguel Pita (piano).
30-05-2016 -

O Equipo Senior da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Fene gaña o campionato galego escolar

As compoñentes do equipo senior da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica acadaron o primeiro posto no Campionato Galego Escolar de Ximnasia Rítmica, que se celebrou o pasado sábado na Coruña. Baixo a dirección da monitora Anaís Freire, as ximnastas fenesas María López, Nerea Pena, Paula Pardo, Iria Cazás e Iria Hermida, proclamáronse campionas logo de realizar un exercizo con cintas e aros polo que xa gañaran a fase provincial do campionato.
Parabéns!!!