Novas

23-06-2016 -

Emenda de erros na documentación de prazas de brigadistas de prevención, vixilancia e defensa contra os incendios forestais

O 22.06.2016 o tribunal de selección do proceso selectivo para a creación de tres listas de aspirantes a persoal laboral temporal como brigadistas de prevención, vixilancia e defensa contra os incendios forestais, mediante o sistema de concurso-oposición libre, por unanimidade dos seus membros presentes, ACORDOU o seguinte: Conceder dous días hábiles ás persoas que se relacionan para a emenda dos erros que se advirten no anuncio.
23-06-2016 -

O Museo do Humor de Fene abrirá ao público dúas tardes á semana ao longo do verán

A Concellería de Cultura a Ensino anuncia que a partir da vindeira semana e ao longo de todo o verán (até o xoves 8 de setembro), o Museo do Humor de Fene abrirá ao público todos os martes e xoves, de 17.00 a 21.00 horas. Así, o horario do Museo será, a partir do luns 27 de xuño e até o venres 9 de setembro: de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas, e os martes e xoves tamén pola tarde, de 17.00 a 21.00 horas. “É a primeira vez que, nos seus trinta e dous anos de historia, o Museo do Humor abre polas tardes no verán”, explica a concelleira de Cultura, Amalia García Balado, quen animou á veciñanza de Fene e comarca e aos turistas que se visiten Ferrolterra este verán a achegarse polo Museo do Humor de Fene. A entrada é libre e gratuita.
 
22-06-2016 -

Aprobación das listas definitivas para brigadistas de prevención, vixilancia e defensa contra os incendios

Publicado o anuncio relativo as listas definitivas de aspirantes a persoal laboral temporal como brigadistas de prevención, vixilancia e defensa contra os incendios forestais
22-06-2016 -

Nomeamento dun funcionario interino, peón(a)-tractorista

Publicado o anuncio relativo ao nomeamento dun funcionario interino peón(a)-tractorista adicado ao servizo de desbroces para a tempada de verán (3 meses), polo exceso ou acumulación de tarefas existente.
20-06-2016 -

Horario de verán

A partir deste xoves, 23 de xuño, cambia o horario de apertura e atención ao público nas dependencias da Casa da Cultura, Biblioteca Municipal “Pérez Parallé” e Museo do Humor de Fene.
17-06-2016 -

O luns 20 de xuño comeza o prazo de inscrición das actividades deportivas do verán

As inscricións comezan o vindeiro luns 20 de xuño e realizaranse de luns a venres de 8:30 a 14:00 horas no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene (Avda. Naturais, 44, entrechán).
17-06-2016 -

O proxecto da senda peonil no treito antigo da estrada AC-133 executarase este ano

O alcalde de Fene, Juventino Trigo reuniuse onte xoves 16 de xuño  co director da Axencia de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, e  co delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, para coordinar  a construción dunha senda peonil no treito antigo da estrada AC-133 coa fin de incrementar a seguridade nesta zona.
17-06-2016 -

Listas definitivas para praza de auxiliar administrativo/a e administrativo/a

Publicadas  as listas definitivas dos procesos selectivos abertos para a creación dunha lista de aspirantes a funcionario/a interino/a de prazas de administrativo/a e auxiliar administrativo/a
17-06-2016 -

Anuncio do tribunal de selección das prazas de auxiliar administrativo

Anuncio do  tribunal de selección das prazas de auxiliar administrativo polo que se concede cinco días ás persoas relacionadas para que presenten as subsanacións que se indican.
17-06-2016 -

As Curuxas do humor xa ten gañadores/as na súa XX edición

O xurado do XX Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor”, reunido esta mañá nas instalacións do Museo do Humor de Fene, ven de dar a coñecer os nomes dos gañadores/as do certame na súa edición 2016. O xurado -formado polo alcalde de Fene, Juventino Trigo, pola concelleira de Cultura, Amalia García, polos debuxantes Juan Carlos Abraldes, Luís Davila e Santy Gutiérrez, e polo xestor de Actividades Culturais do Concello (que actuou en calidade de secretario do certame), Daniel Romero- acordou por unanimidade conceder os premios a