Novas

16-06-2016 -

Fene acollerá un curso de lingua galega preparatorio da proba para obter o Celga 3

O DOG do 16 de xuño publica a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4
15-06-2016 -

Novidades da Biblioteca Municipal de Fene

A Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé ven de publicar un boletín coas novidades deste verán.
15-06-2016 -

Aprobación das listas provisionais para brigadistas de prevención, vixilancia e defensa contra os incendios

Publicado o anuncio relativo as listas provisionais de aspirantes a persoal laboral temporal como brigadistas de prevención, vixilancia e defensa contra os incendios forestais
14-06-2016 -

Nomeamento funcionario peón interino

Publicado o anuncio relativo ao nomeamento dun peón funcionario interino
13-06-2016 -

As ilustracións de Mariña Gándara Serantes no Museo do Humor de Fene

A sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene acolle dende hoxe luns unha exposición de ilustracións da xoven artista fenesa Mariña Gándara Serantes. A mostra poderá visitarse ata o xoves 7 de xullo, en horario de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 13:00 horas. A partir do xoves 23 de xuño (incluído), o horario será de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas.
13-06-2016 -

Listado de admitidos/as no verán máis alá

As familias dos nenos/as inscritos realizarán o ingreso bancario (do que deberán entregar xustificante no Departamento de Cultura e Deportes antes das 14:00 h do mércores 15 de xuño, coa fotocopia da tarxeta sanitaria e un xustificante médico, no suposto que o neno/a precise dun tratamento específico, amais dunha fotografía tamaño carné co nome do/a neno/a escrito pola parte de atrás).
13-06-2016 -

Reserva de prazas nas escolas deportivas municipais da piscina e do pavillón da Xunqueira para o curso 2016/2017

Dende hoxe 13 de xuño e ata o 23 de xuño o departamento de deportes do concello abre o prazo de reserva de prazas nas escolas deportivas municipais da piscina e do pavillón da Xunqueira  para os veciños e veciñas de Fene que estivesen matriculados nas actividades durante o mes de maio. Para os que estén empadroados noutros municipios, o prazo estará vixente entre o 27 de xuño e o 1 de xullo. En ambos casos, será requisito presentar o carné de usuario/a das escolas.
10-06-2016 -

8ª Andaina conmemorativa do programa de Educación Física contra a Fatiga oncolóxica

O domingo 12 de xuño, a partir das 10.30h, a Praza do Concello de Fene acollerá a 8ª andaina conmemorativa do programa de Educación Física contra a Fatiga oncolóxica.
10-06-2016 -

O xuíz Jose Antonio Vázquez Taín presenta en Fene a súa última novela

El mar sin fondo, a última novela do xuíz e escritor José Antonio Vázquez Taín, se presentará o vindeiro luns 13 de xuño, ás 20 horas, no salón de actos da Casa da Cultura de Fene.
09-06-2016 -

Fin de curso de Compatindo espazos

Nos vindeiros días o programa de peques a maiores no que se encadra Espazos compartidos e Suma e Segue despídese das aulas.