Novas

16-03-2016 -

A Concellería de Cultura edita un catálogo cos debuxos premiados no Concurso "Mortadelo e Filemón en Fenicia"

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, e a concelleira de Cultura, Amalia García, presidiron este mediodía a entrega de premios do I Concurso “Mortadelo e Filemón en Fenicia”. O acto, celebrado no salón de actos da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene, serviu tamén para presentar o catálogo do certame, publicación que recolle os debuxos premiados e que foi elaborada polos usuarios/as do Centro Ocupacional de Aspaneps de Fene. 
15-03-2016 -

Xornadas de "Atletismo divertido" escolar

Salto lateral, lanzamento de precisión e de peso, salto de lonxitude, lanzamento de xabalina, relevos (4x80), gymkana, 60 metros vallas e carreira de velocidade. Son algunhas das probas que os alumnos/as de Primaria dos colexios de Fene realizarán esta semana no marco dunha nova edición das xornadas de “Atletismo Divertido” escolar.
14-03-2016 -

Normas de cobranza en período voluntario do imposto sobre vehículos de tracción mecánica 2016

Publicado no BOP do 14 de marzo as normas de cobranza en período voluntario dos tributos e prezos públicos municipais, campaña do primeiro semestre do exercicio 2016.
14-03-2016 -

Avanzan os traballos do obradoiro de emprego "INICIA" que se desenvolve en Fene

A Concelleira de Formación e Emprego visitou ao alumnado do Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil “INICIA”. Alumnado das especialidades de “Pintura industrial en construcción” e “Fabricación e montaxe de instalacións de tubería industrial”.
14-03-2016 -

Entrega de premios do concurso "Mortadelo e Filemón en Fenicia"

O salón de actos da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene acollerá este mércores, ás 12 do mediodía, a entrega de premios do concurso “Mortadelo e Filemón en Fenicia”. O certame, convocado pola Concellería de Cultura e Ensino de Fene, artellouse como actividade complementaria á exposición “Francisco Ibáñez, el Mago del Humor” que se amosou no Museo do Humor de Fene a comezos deste ano.
11-03-2016 -

Marzo artístico In Fene

O concello de Fene dende a Área de Benestar social e igualdade, leva a cabo  o  programa de ocio xuvenil “IN FENE”.
11-03-2016 -

Entrevista do alcalde de Fene no Taller de Radio da Biblioteca Municipal

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, someteuse onte ás preguntas dos oito rapaces/as que están a participar no II Taller de Radio que organiza a Concellería de Cultura e Ensino de Fene coa colaboración da Concellería de Participación Cidadá e Comunicación. A entrevista, que xirou sobre distintos aspectos da vida persoal e profesional de Trigo, incluirase no programa de radio que os rapaces/as están a preparar e que gravarán o vindeiro 31 de marzo nas instalacións de Radio Fene.
11-03-2016 -

Publicadas as convocatorias dos procesos selectivos para a creación de listas de aspirantes/as a funcionarios/as interinos/as de prazas

Publicado no BOP do venres 11 de marzo as convocatorias dos procesos selectivos para a creación dunhas listas de aspirantes/as a funcionarios/as interinos/as de prazas de auxiliar administrativo e administrativo.
10-03-2016 -

Restaurada a circulación na DP 3503, km 5200, en Magalofes

Logo dos traballos de limpeza desenvolvidos durante esta noite os servizos municipais informan que xa se pode circular con normalidade polo tramo que vai da Igrexa à  antiga Escola Unitaria de Magalofes.
10-03-2016 -

Taller de poesía para nenos e nenas na Biblioteca Municipal de Fene

Xa está aberto o prazo de inscrición para o taller de poesía para nenos/as de 8 a 12 anos que se celebrará na biblioteca municipal de Fene o venres 18 de marzo a partir das 17 horas.