Novas

28-05-2016 -

O luns 30 de maio pecha o prazo para presentar debuxos aos "Curuxas do Humor"

Os debuxantes interesados en presentarse a esta nova edición dos Curuxas, poderán presentar ou enviar as súas obras antes do vindeiro luns 30 de maio ás 14.00 horas ao Rexistro Xeral do Concello de Fene (Avda. do Concello, s/n, 15.500 Fene, A Coruña). As obras, de temática libre, deberán ser de creación propia e inéditas. Presentaranse en formato papel e cunha dimensión máxima de 29.7x42 cm (A3), mesmo no caso de traballos realizados dixitalmente. Non se admitirán fotocopias nin gravados.
27-05-2016 -

Música e retranca da man de "Os da Ría"

O ciclo “Música con retranca” que se está a desenvolver no Museo do Humor de Fene volve hoxe venres, 27 de maio, co grupo “Os da ría”. Esta banda formada por Arturito e Fabián, “dous grandes divos da música lixeira” e acompañados ao piano -no seu formato máis “Íntimo”- polo músico Susito Pián, trae un espectáculo cheo de inxenio, humor e música, onde lembrará os seus grandes hits como “Infanta Elena”, “Caramba, que guapa estás” ou “Fernando Ónega”.
27-05-2016 -

Obradoiro de Emprego para maiores de 18 anos

A Concellería de Formación e Emprego de Fene, ven de anunciar  a solicitude doutro obradoiro de emprego denominado “REINICIA III” ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria xunto cos concellos de Ares, Cabanas, Neda e Mugardos.
27-05-2016 -

Festa da auga en In Fene

Este venres 27 de maio dende ás 16.30 h na AVV de Perlio o grupo de In Fene se reunirá unha vez máis para festexar unha festa da auga. Ao final da xornada repoñerán enerxías elaborando os seus propios zumes e batidos saudables.... de verdade que o ides a perder??. Anímate e participa!.
26-05-2016 -

Obradoiro de Bebidas Saudables no IES de Fene

O IES de Fene desenvolve hoxe nas súas aulas o obradoiro de Bebidas Saudables, actividade da Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene enmarcada no Programa de Prevención de Drogodependencias e Promoción da Saúde.
26-05-2016 -

A necesidade do tempo de ocio das persoas coidadoras

Hoxe xoves 26 de febreiro realizarase o Obradoiro “Recuperación da memoria”. Actividade específica para as persoas con perdas de memoria máis outro grupo de apoio  ás  familias
26-05-2016 -

O Concello de Fene concorre á convocatoria de obradoiros de emprego

O Concello de Fene xunto cos de Ares, Mugardos, Neda e Cabanas concorre á convocatoria de obradoiros de emprego, programas mixtos de formación e colocación dirixidos a mozos e mozas empadroados nun dos cinco concellos e que estean rexistrados no programa de garantía xuvenil co proxecto denominado INICIA I.
26-05-2016 -

Xa temos as gañadoras e gañadores do VI Certame de Microrrelatos "Concello de Fene"

O xurado do VI Certame de Microrrelatos “Concello de Fene” ven de dar a coñecer os nomes dos gañadores/as do concurso que organiza a Concellería de Cultura e Ensino e os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino feneses e que este ano xirou en torno á temática das “viaxes”.
24-05-2016 -

Técnicas de estudio e a implicación das familias

O CEIP Os Casais acolle de 16:30 a 18:00 h unha sesión dirixida ás familias con fillas/os en educación primaria onde se aborará o tema “Técnicas de estudio e a implicación das familias”.
24-05-2016 -

A exposición das crianzas da escola infantil de Fene volve a Casa da Cultura

A sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene acolle ata o vindeiro martes 31 de maio a exposición “Pequenas crianzas coa arte”. A mostra recolle unha compilación de pinturas e esculturas realizadas polo alumnado da Escola Infantil “A galiña azul” de Fene. As obras foron confeccionadas por nenos/as de 1-2 anos e de 2-3 anos en distintos talleres nos que tamén participaron as súas familias.