Novas

12-05-2016 -

A perda da inspiración dun poeta de moita sona desencadea unha viaxe polo Miño… Aventuras, amor, xeografía e moito Manuel María!

O vindeiro luns 16 de maio ás 18.00 h co motivo da celebración do Día das Letras Galegas a Biblioteca Municipal de Fene traénos o contacontos "O poeta do Miño. Unha homenaxe a Manuel María" no que se relaciona a oralidade e a ilustración.
12-05-2016 -

Nomeamento peón funcionario interino

Publicado o anuncio relativo o nomeamento dun funcionario interino para o posto de peón(a) tractorista, do servizo de roza por un período dun mes polo exceso ou acumulación de tarefas existentes.
11-05-2016 -

Construíndo Pontes no CPS de San Valentin

As persoas participantes en Construíndo Pontes se trasladan este xoves 12 de maio o CPS de San Valentín, de 16.30 a 18.00 h, para recoller información para documento de traballo deste mes: como a chegada da electricidade e dos novos medios de comunicación foi mudando a vida cotiá e as costumes das persoas de Fene.
11-05-2016 -

As consecuencias de ser coidadores

Mañá xoves 12 de maio o Obradoiro “Recuperación da memoria” reunirá o grupo de apoio as familias ademais do grupo específico para persoas con perdas de memoria.
11-05-2016 -

O equipo Senior da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Fene gaña o campionato provincial escolar

A ximnasia rítmica, o kárate, o judo e o fútbol fenés están de noraboa. As compoñentes do equipo senior da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica acadaron o primeiro posto no Campionato Provincial Escolar de Ximnasia Rítmica, celebrado a pasada fin de semana en Riazor. Baixo a dirección da monitora Anaís Freire, as ximnastas fenesas María López, Nerea Pena, Paula Pardo, Iria Cazás e Iria Hermida, realizaron un exercizo con cintas e aros que lles da pase ao Campionato Galego Escolar que terá lugar o vindeiro 28 de maio, tamén en Riazor.
10-05-2016 -

O concello de Fene conmemorará o día Mundial do Medio Ambiente cunha excursión a Pontevedra

A Concellería de Medio Ambiente de Fene convida á veciñanza a participar nunha visita guiada a Pontevedra, concello cuxas políticas medioambientais e de peonalización do casco histórico acadaron numerosos recoñecementos e son un referente a nivel mundial. A excursión, prevista para o domingo 5 de xuño, encádrase na conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente. A saída está prevista ás 9.00 horas da Praza do Concello e o regreso (de Pontevedra cara á Praza do Concello de Fene) ás 19.00 horas.
09-05-2016 -

"Música con retranca" no Museo do Humor de Fene

Coincidindo coa conmemoración do Día dos Museos, o vindeiro mércores 18 de maio comeza no Museo do Humor de Fene o ciclo “Música con retranca”, organizado pola Concellería de Cultura e Ensino de Fene coa colaboración da Xunta de Galicia (Cultura no Camiño). O programa inclúe catro espectáculos que se caracterizan por combinar música e humor. Na primeira xornada, o mércores 18 de maio, actuará o grupo “De Vacas”. O venres 20 de maio subirá ao escenario da Casa da Cultura de Fene o dúo formado por Lucía Aldao e María Lado, “Aldaolado”, e no seguinte venres, o 27 deste mes, os protagonistas serán “Os da ría”. O ciclo pecharase o venres 3 de xuño co espectáculo de cabaré “Lilí Berlín”.
06-05-2016 -

VIII Marcha Ciclista Popular "Concello de Fene"

A Concellería de Deportes de Fene organiza unha nova marcha ciclista popular para este domingo 8 de maio, con saída ás 11.00 horas da Praza do Concello. A actividade incluirá a V Ruta de Menores así coma un servizo de préstamo de bicicletas e cascos. As incricións faranse o mesmo día, dende as 9.30 ata as 10.45 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.
06-05-2016 -

III Encontro das lavandeiras de Sillobre e Festival de Corais en Magalofes

O ciclo “Maio, Mes das Letras” continúa esta fin de semana coa recreación das “Lavandeiras de Sillobre”, encontro organizado pola SCRD Agarimo, e cun festival de corais que se celebrará na AVV de Magalofes. Ambas as dúas citas terán lugar este sábado, 7 de maio. Previamente, hoxe venres, o Salón de Plenos da Casa do Concello acollerá o recital poético “Homenaxe a Manuel María” (19 horas) que organiza a Concellería de Cultura e Ensino coa participación de representantes dos grupos municipais e do movemento asociativo fenés. O recital completarase cunha actuación musical a cargo da cantante María Manuela e do músico Xurxo Varela.
05-05-2016 -

Segundo mergullo adaptado no Concello de Fene

A concellería de Deportes de Fene, en colaboración coa Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS), o club fenés CAS Nautilus e a asociación Aspaneps Fene, organizan para o vindeiro sábado, 7 de maio, un novo Bautismo de Mergullo Adaptado. A actividade desenvolverase na piscina municipal de Centieiras en horario de 17:00 a 19:15 horas e contará coa participación de cinco persoas.