Novas

17-08-2015 -

Obradoiro educativo PREPARAD@S, LIST@S...XA!

PREPARAD@S, LIST@S...XA! é un obradoiro educativo que ten como finalidade preparar aos nenos e nenas para a volta ao cole. Traballaranse unha serie de contidos, de forma lúdica e participativa para repasar e coller os hábitos escolares de cara ao novo curso.
13-08-2015 -

Horario da Pretempada 2015-2016 do Campo de Fútbol de "Os Pinares"

A concellería de Deportes publica os horarios da pretempada 2015-2016 no Campo de Fútbol de "Os Pinares" do 17 ao 31 de agosto de 2015.
11-08-2015 -

Xa están dispoñibles os DVS´s de "Verán Máis Alá" 2015

Os/as participantes de "Verán Máis Alá" xa poden pasar a recoller no Departamento de Cultura e Ensino (Avda. Naturais 44, entrechán) a montaxe audiovisual realizada polo monitorado.
10-08-2015 -

Exposición do X Certame de Artesanía Antonio Fraguas na Casa da Cultura

Poderase visitar do mércores día 12 ao 30 de agosto na Sala de Exposición da Casa da Cultura de luns a venres en horario de 10.00 a 14.15 horas.
07-08-2015 -

Servizo de transporte ao cemiterio municipal con motivo "15 agosto, Dia da Asunción"

O vindeiro sábado 15 de agosto, o cemiterio Municipal permanecerá PECHADO ao público pola TARDE.
05-08-2015 -

Apróbase o baño na praia de Almieiras

A Consellería de Sanidade acaba de comunicar ao Concello de Fene que a análise microbiolóxica realizada na auga de baño de Almieiras, que se recolleu o pasado día 3 de agosto, atopáronse menos de 1500 NMP/100 ml de entreococos intestinais e menos de 1500 NPM/100 ml de Escherichia coli.
04-08-2015 -

O servizo de orientación informa da ampliación de idade máxima de acceso ao programa de garantía xuvenil

A Garantía Xuvenil é unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso dos mozos e mozas menores de 30 anos ao mercado de traballo. En España enmárcase na estratéxia de Emprendimiento Joven aprobada en febreiro de 2013 polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
04-08-2015 -

Ximnasia de Verán

Desde onte, no Paseo Marítimo de San Valentín, ten lugar unha nova edición de ximnasia de verán.
04-08-2015 -

Anuncio proceso selectivo de brigadistas de incendios

Publicado o anuncio relativo ao requerimento de achega de documentación no proceso selectivo de brigadistas de incendios
03-08-2015 -

Concentración de rexeitamento e solidariedade

Dende a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Fene, convócase para hoxe luns día 3 de agosto de 2015ao persoal do Concello de Fene, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa ás 12.00 horas na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polo ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA de dúas menores.