Novas

25-04-2016 -

Prazos extraordinarios de matrícula nas Escolas Infantís de Fene

Rematado o prazo ordinario de matrícula, a escola infantil de Fene infórmanos que  nos casos de nacemento, acollemento, adopción ou cambio de residencia da unidade familiar poderanse presentar solicitudes con posterioridade ao prazo establecido. O prazo para estas casuísticas remata o 2 de maio. Estas solicitudes baremaranse cara ás listaxes definitivas e terán as mesmas opcións de acadar praza que as presentadas no prazo ordinario,
25-04-2016 -

O programa Tardes Activas chega ao seu fin

Ao longo desta semana clausuraránse as actividades de memoria activa que se desenvolveron neste primeiro semestre de forma itinerante polas diferentes parroquias do concello a través das entidades veciñais e culturais.
24-04-2016 -

O Concello de Fene pon en marcha a limpeza e saneamento do río Cádavo.

O Concello acometeu a limpeza do río Cádavo coa finalidade de manter limpo o cauce do río no seu paso por Fene e a de paliar, na medida do posible, as inundacións na parroquia de Perlío.
22-04-2016 -

Nomeamento peón funcionario interino

Publicado o anuncio relativo ao nomeamento de peón como funcionario interino por desfrute de permisos de persoal municipal.
21-04-2016 -

Abre o prazo de solicitude de grupos na Rede Cultural

Os concellos e asociacións da provincia que queran solicitar actuacións dos grupos inscritos na Rede Cultural poderán presentar as solicitudes desde as 00:00 horas do 22 de abril de 2016 ata ás 14:00 horas do 12 de maio de 2016.
21-04-2016 -

Fene 20 anos palillando

Mañá, venres 22 abril, a Casa da Cultura de Fene acollerá ás 19.00 h a presentación do libro "Fene 20 anos palillando". Publicación editada pola Concellería de Promoción Económica e Turismo do Concello de Fene en homenaxe ao encontro de artesáns e palilleiras que cumpre o vindeiro 30 de Abril vinte anos.
20-04-2016 -

O xefe territorial de Educación clausura o programa "Cóntanos" no CEIP Centieiras

O Xefe Territorial de Educación, Indalecio Cabanas, clausurou o pasado luns o programa “Contamos”, organizado polo CEIP Centieiras co obxectivo de “abrir o centro á comunidade educativa, estreitar lazos coas institucións e sociedades e propiciar que o colexio e o seu alumnado sexan tidos en conta na ampla comunidade educativa”. Nesta derradeira sesión do programa, o responsable de Educación protagonizou unha sesión de contacontos co alumnado de Educación Infantil que, á súa vez, agasallou ao Xefe Territorial cun lenzo no que se representaba un poema de Manuel María adicado ao merlo.
19-04-2016 -

Resultados da final provincial de A Coruña de dúatlon escolar

O domingo 17 de abril celebrouse en Fene a final provincial de A Coruña do programa Xogade de dúatlon escolar coa participación de case 190 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.
19-04-2016 -

Os contos de Pablísimo chegan a Biblioteca Municipal

Este xoves día 21 ás 18.00 h recibimos na biblioteca municipal de Fene a Pablísimo, que ven a celebrar con nós o Día do Libro.
14-04-2016 -

Vacacións en Paz 2016

O Concello de Fene, Area de Benestar e Igualdade, abre o prazo de solicitudes para que as familias interesadas en acollerse ao Programa de Vacacións en Paz 2016 podan cursar a súa solicitude.