Novas

23-03-2016 -

A Oficina de Turismo abre as súas portas

Dende o xoves 24 e até o domingo 27 de marzo as instalacións atenderán a visitantes e veciños na Semana Santa, en horario de mañá e tarde.
23-03-2016 -

Concentración de rexeitamento do atentado de Bruselas e de apoio ás vítimas

O Alcalde de Fene, membros da corporación e traballadores e traballadoras municipais concentráronse ás 12:00 da mañá diante da Casa do Concello
22-03-2016 -

Contos e música na programación de primavera da Biblioteca Municipal

Cunha representación de “Riciños de ouro e os tres osos”, a cargo de Trinketrinke Teatro, comeza o vindeiro martes 29 de marzo a programación de primavera da biblioteca municipal “Xosemaría Pérez Parallé”. Todas as actividades, organizadas pola Concellería de Cultura e Ensino, encádranse no programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia.
22-03-2016 -

O programa "Adeus ríos/adeus fontes" pecharase cunha plantación de árbores autóctonas

 Ao redor de 250 nenos/as de 3º a 6º de Primaria de cinco centros escolares de Fene tomarán parte o venres 1 de abril na xornada de clausura do programa “Adeus ríos, adeus fontes”, promovida pola Concellería de Medio Ambiente de Fene. O evento desenvolverase no parque liñal da Casanova (baixo o viaduto da autoestrada) en horario de mañá, de 10.00 a 13.00 horas.
21-03-2016 -

Cubertas todas as prazas para a visita a Navantia do domingo 27 de marzo

Na mañá deste luns, cubríronse todas as prazas para as dúas quendas de visitas guiadas a Navantia do vindeiro domingo, 27 de marzo. As persoas interesadas en participar nas visitas do día 3 de abril poden formalizar dende xa a súa inscrición
21-03-2016 -

O Concelleiro de Benestar Social e Igualdade participou na Asemblea Xeral do Fondo de Cooperación e Solidariedade

Nesta asemblea que tivo lugar o pasado xoves coa asistencia do Concelleiro de Benestar Social e Igualgade, Joaquín Ayala Garrito, tratouse  o Plan de actividades do 2016 cuxo título é 'O municipalismo galego, aberto a cooperar', que inclúe accións de fortalecemento do Fondo Galego, de sensibilización social fronte as desigualdades, de proxectos de cooperación internacional e de comunicación
21-03-2016 -

II Obradoiro para a aprender a utilizar e sacarlle o mellor partido aos teléfonos intelixentes

Con esta iniciativa tratamos de formar ás persoas maiores de 50 anos no uso dos novos teléfonos móbiles e o acceso a Internet desde os propios teléfonos de cada participante. Amosaranse as diferentes posibilidades que ofrecen estes dispositivos, como utilizalos, para que nos poden servir e que aplicacións se poden usar. Un obradoiro totalmente práctico.
21-03-2016 -

Exposición "Se chove que chova", organizada polo CEIP de Centieiras, no salón de plenos da Casa do Concello

Xa se pode visitar no salón de Plenos da Casa do Concello de Fene a exposición “Se chove que chova”, mostra promovida polos mestres/as de Educación Infantil do colexio Centieiras, que tivo a súa orixe nunha actividade realizada no centro a comezos deste ano. A experiencia, baseada no tempo climatolóxico, permitiu aos/ás pequenos/as autores/as desfrutar do “maltempo” e sobre todo tomar contacto co mundo da fotografia. O resultado, aseguran dende o centro, foi moi positivo pola posibilidade que se lle deu aos/as alumnos/as de “recoller momentos, sentimentos e aprendizaxes que non é doado rexistrar nas aulas da forma habitual”.
18-03-2016 -

Nomeamento peón funcionario interino

Publicado o anuncio relativo ao nomeamento de peón como funcionario interino por desfrute de permisos duns traballadores municipais.
18-03-2016 -

O alcalde de Fene amósase satisfeito polo éxito do programa de visitas guiadas ás instalacións de Navantia-Fene

Malia ao pouco tempo transcorrido dende o lanzamento do programa e a realización da primeira visita, o Concello de Fene informa de que se cubriron as 30 prazas para a segunda quenda de visitas deste domingo (12:00 h) e confirmáronse 24 prazas para a primeira quenda (10:00 h), amais de que se recibiron numerosas solicitudes de visitas guiadas para os seguintes domingos.