Novas

30-12-2015 -

Recollida dorsais III San Silvestre de Fene

Os participantes inscritos poderán retirar o dorsal hoxe mércores día 30 de decembro no Pavillón da Xunqueira (San Valentín) en horario de 09:00 a 13:30 h e de 16:00 a 22:00 h e mañá xoves día 31 no Pavillón da Xunqueira de 9:00 a 13:30 h, e na Praza do Concello de 14:30a 15:30 h.
29-12-2015 -

Achégate a Feira do Nadal

O sábado 2 e domingo 3 de xaneiro de 11.00 h a 21.00 h celebrarase na Praza do Concello a Feira do Nadal con diferentes postos de aertesanía, manualidades e reventa de produtos.
28-12-2015 -

Pechadas as inscricións na San Silvestre de Fene

Visto o elevado número de inscritos na III San Silvestre Fene a Concellería de Deportes có obxectivo de poder garantir a seguridade dos participantes pecha a inscrición desta.
23-12-2015 -

FENE CELEBRA O SEU SEGUNDO TORNEO DE FÚTBOL SALA FEMININO DE NADAL

O vindeiro 26 de decembro, terá lugar, no Pavillón da Xunqueira, en San Valentín, a segunda edición do Torneo de Fútbol Sala Feminino de Nadal Ártabras Fene – Concello de Fene.
23-12-2015 -

Nomeamento funcionario interino praza conserxe

Publicado o anuncio relativo ao nomeamento como funcionario para a praza de conserxe.
19-12-2015 -

Suspensión das actividades no exterior pola alerta laranxa

A Concellería de Deportes informa – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento- a suspensión das actividades no exterior das instalacións municipais este sábado 19 de decembro, por mor dun fenómeno meteorolóxico adverso por rachas de vento de máis de 100 quilómetros por hora, con nivel de alerta laranxa.
18-12-2015 -

Nadal na BiBlioteca Municipal de Fene

Co espectáculo “Un Nadal cheo de contos”, a cargo do grupo “Lisístrata A.C”, comeza o vindeiro luns 21 de decembro o programa de Nadal que organiza a Concellería de Cultura e Ensino para a Biblioteca Municipal de Fene.
18-12-2015 -

Mulleres no Comic

Coincidindo co comezo das vacacións escolares, o luns 21 de decembro, abrirá ao público na sala de Banda Deseñada do Museo do Humor de Fene (3º andar da Casa da Cultura) a exposición “Mulleres no cómic. Unha visión feminina da novena arte”. A mostra, de Tucutucu Produccións Culturais, componse de 50 obras gráficas de 27 autoras de distintas nacionalidades (Ana Miralles, Allison Betchdel, Susanna Martín, Diana Raznovich, ElenaPuntoG, Maitena, Marjane Satrapi, Marta Vives…) co obxectivo de achegar ao público “outras formas de visibilidade e de interpretación da realidade das mulleres”.
17-12-2015 -

V Exhibición de Baile Moderno e Bailes de Salón "Concello de Fene"

O pavillón polideportivo “A Xunqueira” de San Valentín acolle este sábado, 19 de decembro, de 17.00 a 20.00 horas, a V Exhibición de Baile Moderno e Bailes de Salón “Concello de Fene”. Un total de 320 participantes de nove escolas e clubs da comarca sairán a pista neste evento que organiza a Concellería de Deportes de Fene coa colaboración da asociación xuvenil Fene Movemento e Floristería Loto. A entrada será libre e gratuíta.
17-12-2015 -

Os SSMM Os Reis Magos de Oriente xa teñen paxes

Todos/as os nenos/as que até onte 16 de decembro inscribíronse para participar como paxes reais acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar polas rúas do concello de Fene na xornada do martes 5 de xaneiro.