Cinco corais e as dúas rondallas do termo municipal tomarán parte esta fin de semana nunha nova edición do Festival de Panxoliñas “Concello de Fene”, certame que promove a Concellería de Cultura e Ensino e que este ano organiza a Coral Eterna Xuventude. O festival celebrarase o sábado 19 de decembro, ás 20 horas, na igrexa auxiliar de Perlío (San Estevo). Entrada libre.