O martes 8 de marzo, "Día Internacional da Muller" en horario de 9:00h a 14:00h a Biblioteca Municipal de Fene acollerá o XVI Maratón de Lectura “Fene Lendo Mulleres”
A veciñanza interesada pode informarse no acto que se desenvolverá na Casa da Cultura de Fene mañá venres 4 de marzo ás 20.00 h onde representantes da Xunta de Galicia e do concello de Fene presentarán o programa de axudas "Vivendas no Camiño".
Hoxe xoves 3 de marzo ás 17.00 h comeza na Casa da Cultura de Fene o II Taller de Radio. Actividade dirixida a rapazada de 9 a 12 anos e encadrada na conmemoración da semana da prensa.
Hoxe martes día 1 de marzo de 2016 arrinca Construíndo Pontes. Actividade desenvolvida ao abeiro do programa de envellecemento activo e participacion social: Tardes Activas
De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, hoxe 1 de marzo inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición
Antón Noceda e a concelleira de Educación e Cultura, Amalia García Balado, realizaron un percorrido por todos os centros de educación infantil e primaria de Fene.