Novas

26-02-2016 -

Stop Motion

Hoxe  venres 26  de febreiro, de 17.00h a 19.00 h  o grupo de In Fene se reunirá na Axencia de lectura do C.P.S. DE SAN VALENTÍN.
24-02-2016 -

Adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3

Publicada a resolución pola que se  convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e integradas na Rede de escolas infantís de Galicia A Galiña Azul para o curso 2016/17.
24-02-2016 -

O CEIP Ceintieiras conmemora o "Día de Rosalía" e celebra unha nova sesión de "Contanos"

A presidenta da Comisión de Educación da Deputación Provincial, Ánxela Franco, realizou esta mañá unha visita ao colexio Centieiras, no marco do programa “Contamos” que a equipa directiva, o claustro e a Anpa están a desenvolver ao longo deste curso. O obxectivo do programa é “abrir o colexio á comunidade educativa, estreitar lazos coas institucións e sociedades e propiciar que o centro e o seu alumnado sexan tidos en conta na ampla comunidade educativa”.
24-02-2016 -

O domingo 6 de marzo Fene acolle o I campionato galego de cross de veteráns e veteranas

O  Concello  de  Fene  e  a    Delegación  da  FGA  en  Ferrol,  organizan para o  domingo 6 de Marzo do 2016  o  Campionato de Galicia de campo a través de veteráns e veteranas.
23-02-2016 -

Como son? Como me ven?

Os Grupos de Familias dos programas de Espazos Compartidos e Suma e Segue traballarán nas vindeiras sesións o autoconcepto, a autoestima e a construcción da propia identidade.
23-02-2016 -

XVI Maratón de Lectura "Fene Lendo Mulleres".

O Martes 8 de marzo, "Día Internacional da Muller" en horario de 9:00h a 14:00h a Biblioteca Municipal de Fene acollerá o XVI Maratón de Lectura “Fene Lendo Mulleres”
23-02-2016 -

"Adeus ríos, adeus fontes"

Perante as vindeiras conmemoracións do Día Forestal Mundial (21 de marzo), do Día Mundial da Poesía (21 de marzo) e do Día Mundial da Auga (22 de marzo), a concellería de Medio Ambiente de Fene impulsará este ano o programa “Adeus ríos, adeus fontes”, dirixido ao conxunto da comunidade educativa do Concello de Fene e, en particular, ao alumnado de Primaria.
22-02-2016 -

Aberto o proceso participativo para avaliar o II Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes

O Concello de Fene a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade está a iniciar o proceso de avaliación do II Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes.
22-02-2016 -

Preséntanse os proxectos de elaboración de plans integrais de conservación de centros de ensino, parques infantís e instalacións culturais e deportivas

A Concellería de Obras e Servizos elabora plans integrais de conservación de centros de ensino, parques e instalacións culturais e deportivas en coordinación co departamento de Educación e Cultura e co de Deportes para fixar as actuacións e a súa prioridade
22-02-2016 -

A Biblioteca Municipal de Fene acollerá o seu "II Taller de Radio" no mes de marzo

Xa está aberto o prazo de inscrición para o segundo Taller de Radio que organiza a Concellería de Cultura e Ensino de Fene coa colaboración da Concellería de Deportes, Participación Cidadá e Comunicación.
A actividade, dirixida a nenos de 9 a 12 anos, encádrase na conmemoración da semana da prensa.