Novas

17-11-2015 -

Jesús Castro Yáñez obtén o XXVIII Premio Pérez Parallé

O xurado da XXVIII edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, formado por Estíbaliz Espinosa, Estevo Creus e Fran Cortegoso, escolleu o pasado sábado o libro Os nomes e os himnos como obra gañadora da edición deste ano do certame.
17-11-2015 -

Charla Informativa sobre o Programa de Garantía Xuvenil

O venres, día 20 de novembro ás 10.00 horas na Aula de Cursos (Avda. Naturais 44, entrechán) a Aula Móbil do Programa de Garantía Xuvenil impartirá unha charla informativa co obxectivo de achegar o programa a mozos e mozas do Concello de Fene que aínda non están inscritos.
16-11-2015 -

Teatro con perspectiva de xénero para o alumnado de bacharelato do IES de Fene

Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene que dirixe Joaquín Ayala Garrido, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller infórmase da actividade programada hoxe para conmemorar o 25 de novembro, Día Mundial contra a Violencia Machista.
14-11-2015 -

I Festa Zombi do Samaín

Hoxe, sábado 14 de novembro, temos unha cita ás 18.30 no Círculo de Perlío de Fene. Vide terroríficamente disfrazados para  posar no Photocall do Medo!!.
13-11-2015 -

Acto entrega premios III Concurso da Pataca

Cafetería Praza Verde coa súa tapa “Papa Praza Verde” e, en segundo lugar,  a cafetería Pachamama coa "Tarta Rechea" gañadores da  III edición do Concurso da Pataca.
13-11-2015 -

In Fene

Este venres 13 de novembro, de 16.30 h a 18.30 h o grupo de 11 a 13 anos se reunirá na Asociación de Veciños de Perlío para pasar unha boa tarde con música, xogos, experimentos, maxia e ata unha xincana da igualdade.
12-11-2015 -

O Concello de Fene e a sociedade de Agarimo organizan unha andaina nocturna coa Santa Compaña por Sillobre

Xa está aberto o prazo para apuntarse á marcha nocturna coa Santa Compaña que organizan a Concellería de Cultura e Ensino e a SCRD Agarimo de Sillobre para o sábado 21 de novembro. As persoas interesadas en participar deben anotarse antes do vindeiro xoves 19 de novembro no local de Agarimo, no teléfono 981 340 694 ou a través do enderezo electrónico agarimosillobre@gmail.com
12-11-2015 -

Acordo do tribunal para a creación dunha lista de aspirantes para futuras coberturas das prazas de conserxe

Publicado o anuncio do acordo do tribunal de selección do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes para futuras coberturas como funcionario/a interino/a das prazas de conserxe grupo: agrupacións profesionais; escala: administración especial; subescala: servizos especiais mediante o sistema de oposición libre
12-11-2015 -

Actividades mes de novembro contra a violencia machista en prol da igualdade

Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene que dirixe Joaquín Ayala Garrido, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller infórmase das actividades programadas este mes para conmemorar o 25 de novembro, Día Mundial contra a Violencia Machista.
12-11-2015 -

Taller presentación do libro "Pablo & Jane en la dimensión de los monstruos", de José Domingo, na Biblioteca Municipal

A biblioteca municipal Xosé María Pérez Parallé acollerá o vindeiro xoves 19 de novembro, ás 18 horas, un taller-presentación do novo libro do debuxante e ilustrador José Domingo "Pablo & Jane en la dimensión de los monstruos". Para participar nesta actividade, dirixida a nenos/as maiores de 7 anos e acompañantes, cómpre inscribirse previamente na biblioteca, no teléfono 981342302 (de luns a venres, de 16 a 21 horas, ou o sábado, de 10 a 13 horas) ou enviando un enderezo electrónico a fene.rbgalicia@eidolocal.es. Segundo informan dende a Concellería de Cultura e Ensino, será unha presentación "moi especial, orientada tanto @s pequen@s como @s maiores, con actividades e xogos derivados do propio libro".