Novas

12-11-2015 -

Actividades mes de novembro contra a violencia machista en prol da igualdade

Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene que dirixe Joaquín Ayala Garrido, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller infórmase das actividades programadas este mes para conmemorar o 25 de novembro, Día Mundial contra a Violencia Machista.
12-11-2015 -

Taller presentación do libro "Pablo & Jane en la dimensión de los monstruos", de José Domingo, na Biblioteca Municipal

A biblioteca municipal Xosé María Pérez Parallé acollerá o vindeiro xoves 19 de novembro, ás 18 horas, un taller-presentación do novo libro do debuxante e ilustrador José Domingo "Pablo & Jane en la dimensión de los monstruos". Para participar nesta actividade, dirixida a nenos/as maiores de 7 anos e acompañantes, cómpre inscribirse previamente na biblioteca, no teléfono 981342302 (de luns a venres, de 16 a 21 horas, ou o sábado, de 10 a 13 horas) ou enviando un enderezo electrónico a fene.rbgalicia@eidolocal.es. Segundo informan dende a Concellería de Cultura e Ensino, será unha presentación "moi especial, orientada tanto @s pequen@s como @s maiores, con actividades e xogos derivados do propio libro".
11-11-2015 -

Nova sesión do obradoiro "Recuperación da memoria" no Centro Municipal de Servizos Sociais

Mañá mércores, 12 de novembro, realizarase o Obradoiro de “Recuperación da memoria” que contará con dous grupos: un grupo específico para as persoas con perdas de memoria e un grupo de apoio ás familias.
11-11-2015 -

O actor Luís Zahera no "Novembro do Humor" do Concello de Fene

A segunda sesión do ciclo “Novembro, Mes do Humor” trae este venres ao Museo do Humor de Fene ao coñecido actor e monologuista Luís Zahera co seu último espectáculo, “Chungo”. Nel, Zahera fai repaso en clave de humor das súas vivencias como actor e da traxectoria que o foi levando a interpretar “papeis de raro, de non moi listo e sempre de chungo”.
10-11-2015 -

Últimos días para anotarse no Obradoiro de Maquillaxe con feridas da "I Festa Zombie do Samín"

A actividade, organizada pola Concellería de Xuventude de Fene, está recomendada para persoas maiores de 6 anos
09-11-2015 -

Aberto o prazo de solicitude das axudas ás familias para a festividade de reis

Publicadas no BOP do 6 de novembro as bases que regulan a convocatoria do programa municipal de axudas ás familias para a festividade de Reis.
09-11-2015 -

O 11 de novembro remata o prazo de solicitude de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades sen fins de lucro

Tal e como vimos informando, publicáronse no BOP do 29 de outubro de 2015 as bases da convocatoria da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades sen fins de lucro para actividades desenvolvidas durante o ano 2014.
09-11-2015 -

Curuxa do Humor para o debuxante Manuel Arriaga de León

A entrega do premio coincidiu co comezo do ciclo “Novembro, Mes do Humor” que o próximo venres trae a Fene ao coñecido actor Luís Zahera
06-11-2015 -

O Concello de Fene e Ecovidro promoven o reciclado do vidro no sector hosteleiro de Fene

A iniciativa alcanza a case 30 establecementos de Fene e serverá para seguir mellorando os quilogramos de resíduos de envases depositados nos colectores de Fene. Sendo no 2014 un total de 203535 quilogramos de vidro os reciclados pola veciñanza, correspondendo unha media de 15 quilogramos de vidro por cada fenés/fenesa.
06-11-2015 -

I Festa Zombie do Samaín

As instalacións do Casino de Perlío acollerán o vindeiro sábado 14 de novembro, a partir das 18.30 horas, a I Festa Zombie do Samaín, evento organizado pola Concellería de Xuventude en colaboración coa Concellería de Cultura e Ensino e o CCRD de Perlío. A festa –non aconsellada para persoas menores de 6 anos- incluirá  un obradoiro de maquillaxe, animación musical, un photocall do medo, unha merenda con larpeiradas terroríficas e, xa ao remate da xornada e, a continuación, o chamado baile zombie (flashmob) dende o Casino de Perlío ata a Praza Verde, onde rematará a festa.