Novas

24-11-2015 -

Acto 25N. "Día Mundial pola Eliminación da Violencia contra a Muller"

O 25 de novembro, conmemórase o "Día Mundial pola Eliminación da Violencia contra a Muller", e dende a Concellería de Benestar e Igualdade do Concello de Fene convídanos ao acto que terá lugar mañá ás 12:00 h no Salón de Plenos da Casa do Concello. Neste acto lerase o "Manifesto" acordado por toda a corporación de Fene como mostra do compromiso político do noso Concello na loita contra todo tipo de discriminación por razón de xénero e pola erradicación da violencia cara ás mulleres.
24-11-2015 -

O goberno de Fene prepara unha actuación integral para a seguridade viaria da Avenida Marqués de Figueroa

A concellería de Persoal, Seguridade, Formación e Emprego, en coordinación coa Policía Local de Fene, traballa na realización de varios proxectos encamiñados a mellorar a seguridade viaria nunha das arterias principais do municipio; a Avenida Marqués de Figueroa.
24-11-2015 -

O Concello de Fene arroupa ao dúo Bellón&Maceiras na presentación do seu novo disco "TEN10"

Daniel Bellón e Diego Maceiras estrearán o seu terceiro álbum nun concerto organizado pola Concellería de Cultura e Ensino coa colaboración da SCRD Agarimo
23-11-2015 -

Solicita unha visita guiada á exposición de Ibañez!

Dende a Concellería de Cultura e Ensino do Concello de Fene convídase aos centros de ensino e entidades de calquera concello da comarca ou provincia a programar unha visita guiada a exposición “Francisco Ibáñez, el Mago del Humor”. 
20-11-2015 -

Anuncio lista prazas conserxe

Publicado o acordo do 20 de novembro de 2015 do tribunal de selección do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes para futuras coberturas como funcionario/a interino/a das prazas de conserxe.
19-11-2015 -

Vespa Velutina. Se a ve, chame!

A Concellería de Medio Ambiente de Fene consciente da importancia da detección precoz da vesta velutina (asiática) pon a disposición da veciñanza dunha sección divulgativa con información sobre actuacións en caso de avistamento, a diferencia morfolóxica coa vespa cabro, construcción de trampas....
19-11-2015 -

Comezan as sesión de espazos de familias abertos a toda a poboación

O concello de Fene dende a Área de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Joaquín Ayala Garrido, leva a cabo  o proxecto “De peques a maiores: compartindo espazos”, no que se enmarcan o programa de ESPAZOS FAMILIARES, subvencionado pola Deputación da Coruña.
18-11-2015 -

Música e Cine pola igualdade

Este venres 20  de novembro, de 16.30 h a 18.30 h, o grupo de In Fene +  de 14 a 16 anos se reunirá na Asociación de Veciños de Perlío para pasar unha boa tarde de música e cine pola igualdade.
18-11-2015 -

"Malos Hábitos" este venres no Museo do Humor de Fene

Dúas monxas de clausura das carmelitas calzadas saen clandestinamente do convento para celebrar unha micromisa en versión 2.0., dirixida tanto a crentes como a ateos, agnósticos ou vexetarianos, porque na micromisa 2.0. a fe é moi importante…pero o pecado o é aínda máis. Así comeza “Malos hábitos”, o espectáculo teatral que este venres traen ao Museo do Humor de Fene as actrices Camila Bossa e Yolanda Muíños, no marco do ciclo “Novembro, Mes do Humor”.
17-11-2015 -

Jesús Castro Yáñez obtén o XXVIII Premio Pérez Parallé

O xurado da XXVIII edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, formado por Estíbaliz Espinosa, Estevo Creus e Fran Cortegoso, escolleu o pasado sábado o libro Os nomes e os himnos como obra gañadora da edición deste ano do certame.