Novas

03-12-2015 -

XI Slalom de Fene

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, acompañou en rolda de prensa aos repretantes da escuderia Sctracht Fene na presentación do XI Slalom de Fene, que se desenvolverá o vindeiro día 5 de decembro no circuito do Polígono Industrial de Vilar do Colo.
03-12-2015 -

Nomeamento peón funcionario interino

Publicado o anuncio relativo ao nomeamento peón funcionario interino  e á corrección do erro material detectado na resolución de alcaldía núm. 1449/2015.
03-12-2015 -

Nadal polo Mundo

O concello de Fene dende a Área de Benestar Social e Igualdade,  leva a cabo  o programa “De peques a maiores: compartindo espazos”, no que se enmarca o programa de ocio xuvenil “IN FENE” subvencionado pola Deputación da Coruña. IN FENE é un programa de ocio alternativo para cubrir as tardes dos venres dun xeito divertido e grupal. Está destinado para todas aquelas rapazas e rapaces entre 11 e 16 anos
03-12-2015 -

O vindeiro mércores 9 de decembro abre o prazo para apuntarse nas actividades deportivas do nadal

As inscricións realizaranse nas dependencias administrativas do pavillón polideportivo da Xunqueira en horario de luns a venres, de 9.00 a 13.30 horas, e os días 9 e 16 de decembro tamén en horario de tarde, de 16.00 a 19.00 horas.
02-12-2015 -

Nomeamento peón funcionario interino

Publicado o anuncio relativo ao nomeamento de peón como funcionario interino polas vacacións dun traballador municipal.
01-12-2015 -

Máxia, contos e música na programación de Nadal do Concello de Fene

Coa presentación do último disco do dúo Bellón&Maceiras na sociedade Agarimo de Sillobre, a concellería de Cultura e Ensino de Fene dará este sábado o pistoletazo de saída á programación de actividades para o Nadal 2015/16.
30-11-2015 -

Exhibición de deporte inclusivo no Polideportivo "O Ramo"

Hoxe o Polideportivo  Municipal "O Ramo" (Barallobre, Fene) acolle unha actividade para dar a coñecer o deporte inclusivo con participantes das escolas de deporte adaptado da Mancomunidade e alumnado do CEIP o Ramo.
30-11-2015 -

Lista de aspirantes/as que formarán a bolsa de interinos das prazas de conserxe

Publicado o acordo 27 de novembro de 2015 do tribunal de selección do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes para futuras coberturas como funcionario/a interino/a das prazas de conserxe.
27-11-2015 -

Concurso "Mortadelo e filemón en Fenicia"

A concellería de Cultura e Ensino anuncia un certame de artes plásticas ao redor da exposición “Ibáñez, el Mago del Humor” que se inaugura hoxe venres, 27 de novembro, no Museo do Humor de Fene ás oito desta tarde
27-11-2015 -

Este venres o Museo do Humor de Fene pon fin o ciclo "Novembro, Mes do Humor" e abre as súas portas a mostra "Francisco Ibáñez, el Mago del Humor"

A mostra “Francisco Ibáñez, el Mago del Humor” inaugúrase este venres, 27 de novembro, ás 20 horas na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene. Asistirán o alcalde, Juventino Trigo, a concelleria de Cultura e Ensino, Amalia García, e unha das comisarias da mostra, Elena Vergara. Todas as persoas que asistan á inauguración recibirán chapas conmemorativas, elaboradas por usuarios/as do centro ocupacional de Aspaneps de Fene. Ao remate do acto inaugural, realizarase unha visita guiada a cargo da comisaria da exposición.