Este venres 20 de novembro, de 16.30 h a 18.30 h, o grupo de In Fene + de 14 a 16 anos se reunirá na Asociación de Veciños de Perlío para pasar unha boa tarde de música e cine pola igualdade.
Dúas monxas de clausura das carmelitas calzadas saen clandestinamente do convento para celebrar unha micromisa en versión 2.0., dirixida tanto a crentes como a ateos, agnósticos ou vexetarianos, porque na micromisa 2.0. a fe é moi importante…pero o pecado o é aínda máis. Así comeza “Malos hábitos”, o espectáculo teatral que este venres traen ao Museo do Humor de Fene as actrices Camila Bossa e Yolanda Muíños, no marco do ciclo “Novembro, Mes do Humor”.
O xurado da XXVIII edición do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, formado por Estíbaliz Espinosa, Estevo Creus e Fran Cortegoso, escolleu o pasado sábado o libro Os nomes e os himnos como obra gañadora da edición deste ano do certame.
O venres, día 20 de novembro ás 10.00 horas na Aula de Cursos (Avda. Naturais 44, entrechán) a Aula Móbil do Programa de Garantía Xuvenil impartirá unha charla informativa co obxectivo de achegar o programa a mozos e mozas do Concello de Fene que aínda non están inscritos.
Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene que dirixe Joaquín Ayala Garrido, a través do Servizo Municipal de Atención á Muller infórmase da actividade programada hoxe para conmemorar o 25 de novembro, Día Mundial contra a Violencia Machista.
Hoxe, sábado 14 de novembro, temos unha cita ás 18.30 no Círculo de Perlío de Fene. Vide terroríficamente disfrazados para posar no Photocall do Medo!!.
Cafetería Praza Verde coa súa tapa “Papa Praza Verde” e, en segundo lugar, a cafetería Pachamama coa "Tarta Rechea" gañadores da III edición do Concurso da Pataca.
Este venres 13 de novembro, de 16.30 h a 18.30 h o grupo de 11 a 13 anos se reunirá na Asociación de Veciños de Perlío para pasar unha boa tarde con música, xogos, experimentos, maxia e ata unha xincana da igualdade.
Xa está aberto o prazo para apuntarse á marcha nocturna coa Santa Compaña que organizan a Concellería de Cultura e Ensino e a SCRD Agarimo de Sillobre para o sábado 21 de novembro. As persoas interesadas en participar deben anotarse antes do vindeiro xoves 19 de novembro no local de Agarimo, no teléfono 981 340 694 ou a través do enderezo electrónico agarimosillobre@gmail.com
Publicado o anuncio do acordo do tribunal de selección do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes para futuras coberturas como funcionario/a interino/a das prazas de conserxe grupo: agrupacións profesionais; escala: administración especial; subescala: servizos especiais mediante o sistema de oposición libre