Novas

05-11-2015 -

Contra a violencia de xénero en prol da igualdade

Dende o martes 3 de novembro e ao longo de todo o mes, Radio Fene-Radio Fusión en colaboración co Servizo Municipal de Atención á Muller dependente da Concellaría de Benestar Social e Igualdade que dirixe Joaquín Ayala Garrido, pon en marcha unha campaña divulgativa, de información e sensibilización á poboación e referente ao tema da VIOLENCIA DE XENERO e á importancia da EDUCACIÓN EN IGUALDADE.
05-11-2015 -

In Fene comprométese coa saúde do planeta

Xogos relacionados co consumo responsable fronte ao consumismo e actividades relacionadas co coñecemento do comercio xusto e a saúde do planeta, será o fío conductor de In Fene deste venres 6 de novembro.
04-11-2015 -

Manuel Arriaga recibe este venres no Museo do Humor o segundo premio do certame "Curuxa do Humor de 2015"

A entrega do galardón coincide coa apertura da exposición dos traballos presentados ao certame e co arranque do ciclo “Novembro, Mes do Humor”
04-11-2015 -

Exposición pública do censo electoral

Dende o día 2 ao 9 de novembro ambos inclusive, a veciñanza do Concello poderá consultar o censo electoral na Casa do Concello
04-11-2015 -

Xuntos polo Nadal - 2015

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
30-10-2015 -

Dispositivo día de tódolos santos e defuntos

Fene contará nos vindeiros días cun dispositivo para mellorar o servizo á veciñanza con motivo do día de tódolos santos e  defuntos.
30-10-2015 -

Concentración de rexeitamento e solidariedade

Convocada pola Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene, o venres, 30 de outubro de 2015 traballadores e traballadoras do Concello, membros da corporación municipal e veciños e veciñas protagonizaron  unha concentración silenciosa ás 12:00 h na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento.
30-10-2015 -

Novembro mes do humor

O Museo do Humor de Fene volverá ser o escenario nas vindeiras semanas do ciclo “Novembro, mes do humor”, organizado pola Concellería de Cultura e Ensino do Concello de Fene, en colaboración coa Deputación Provincial de A Coruña (Rede Cultural).
29-10-2015 -

Obradoiro de Recuperación da Memoria e Grupo de Apoio ás Familias

Hoxe, xoves 29 de outubro, o Centro Municipal de Servizos Sociais acolle o obradoiro de “Recuperación da memoria” que contará con dous grupos; un grupo específico para as persoas con perdas de memoria e un grupo de apoio ás familias.
29-10-2015 -

Convocatoria da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades sen fins de lucro

Publicadas no BOP do 29 de outubro de 2015 as bases da convocatoria da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades sen fins de lucro para actividades desenvolvidas durante o ano 2014.