Novas

17-07-2015 -

O II Campus de Fútbol Sala Feminino María Vieira "Mavi" Concello de Fene chega ao seu ecuador

O II Campus de fútbol sala feminino María Vieira "Mavi" Concello de Fene chegou na xornada de hoxe, mércores 17 de xullo,  ao seu ecuador tras a celebración da súa quinta xornada na pista do Pavillón da Xunqueira en San Valentín (Fene).

17-07-2015 -

O Concello de Fene habilita puntos de subministro de auga potábel para a veciñanza

Continúa a prohibición de beber auga da billa e mesmo cociñar con ela, ata novo aviso Ante a restricción do consumo de auga que procede da rede de abastecemento municipal o Concello de Fene pon, para hoxe venres 17 de xullo, a disposición da veciñanza os seguintes puntos de subministro de auga potábel:
Fene Ao longo de todo o día un punto de subministro fixo situarase na casa do Concello.
San Valentín A partir das 15.00 h e ata as 19.00 h un camión cisterna situarase nas inmediacións do Pavillón A Xunqueira.
Perlío A partir das 16.00 h e atas 20.00 h un camión cisterna situarase en Perlío, na Praza Verde.
Para o sábado día 18 de xullo está prevista a distribución de auga de 10.00 h a 14.00 h en San Valentìn e de 10.00 h a 18.00 h na Casa do Concello
A poboación que acuda a estes puntos de subministro deberán de ir provistos de garrafas baleiras.
Paralelamente e en coordinación cos servizos sociais de Fene, estase a distribuir auga embotellada aos domicilios de persoas con problemas de mobilidade reducida e familias con poucos recursos.
As sociedades e asociacións veciñais colaborarán tamén como puntos distruidores de auga.
A información á cidadanía manterase actualizada a través de todas as canles municipais, megafonía, paxina web, Radio Fene.
Teléfonos de información:
Casa do Concello
Teléfono da policía local 981 492 777 e no móbil 609 82 87 44
Centralita 981 49 27 07
Centro de Servizos Sociais de San Valentín
nos  teléfonos : 981 342 607, 981 492 706
16-07-2015 -

NON ESTÁ PERMITIDO O CONSUMO DE AUGA PARA COCIÑAR OU BEBER

O alcalde de Fene, Juventino José Trigo Rey, informa á veciñanza de que hoxe, 16.07.2015, a Xefatura Territorial de Sanidade da Coruña comunicounos un incumprimento dos paramétricos químicos no abastecemento de auga para o consumo humano que afecta ás zonas de Narón, Ferrol, Fene, Mugardos e Ares.
É polo que, ata novo aviso, NON ESTÁ PERMITIDO O CONSUMO DE AUGA PARA COCIÑAR OU BEBER que procede da rede de abastecemento municipal.
Juventino José Trigo Rey
16-07-2015 -

Acto instuticional do día da patria galega

O Concello de Fene convida aos veciños/as a participar este venres 17 de xullo no acto de conmemoración do Día da Patria Galega. No mesmo, procederase á lectura da Declaración Institucional a carón do monumento “Día da Patria Galega”, instalado no parque liñal do Río Cádavo.
15-07-2015 -

"Don Gelati" O refrescante espectáculo do mago Dani García, chega a Fene

A maxia volve á Praza do Concello de Fene este xoves 16 de xullo, no marco do Ciclo do Día da Patria Galega que organiza a Concellería de Cultura en colaboración coa Deputación da Coruña e Agadic-Xunta de Galicia. Desta vez, o protagonista será o mago Dani García co seu último espectáculo, “Don Gelati”, que presentará a partir das oito do serán.
14-07-2015 -

Hoxe mércores achégate a Xornada de Convivencia Interxeracional na Praza do Concello de Fene

Xornada concibida coma encontro dos veciños/as de Fene de todas as idades que comezará ás 20 horas na Praza do Concello e na que se distribuirá gratuitamente churrasco, bola e empanada (até rematar existencias)
13-07-2015 -

Catro corais e dúas rondallas protagonizarán este martes o X Festival de Habaneiras "Concello de Fene"

As corais polifónicas do CPS de San Valentín, ACDR O Pote de Maniños, SCRD Agarimo de Sillobre e Eterna Xuventude do Centro Social de Fene, así como as rondallas Estrelecer do CMI Unidade de Fene e Perla do Río do CCRD de Perlío, subirán este martes ao escenario da Praza do Concello nunha nova edición do Festival de Habaneiras “Concello de Fene”.
13-07-2015 -

O "Verán Máis Alá" visita o Muncyt da Coruña

Os nenos/as do Verán Máis Alá  marchan de excurxión esta semana. O mércores 15 de xullo visitarán o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt) da Coruña. Os pequenos/as sairán en autobús dende o CEIP Centieiras ás 10.00 horas e voltarán ao centro en torno ás 14:00 horas.
10-07-2015 -

Bando da alcaldía con motivo da conmemoración do Día da Patria Galega

O Alcalde de Fene, Juventino Trigo Rey, ven de ditar un bando no que reflexiona sobre o significado do “Día da Patria Galega”, en palabras de Castelao “a festa maior de todos os galegos”, convidando á poboación a reivindicar o orgullo de pertencer a un país branco e azul e a exteriorizalo engalanando, o 25 de xullo, fiestras e balcóns coa bandeira galega.
 O bando remata cuns versos de Manuel María, a quen a Real Academia Galega ven de dedicar o “Día das Letras Galegas” do vindeiro ano, que din: “Galicia somos nós:/ a xente e maila fala./ ¡Se buscas a Galicia /en ti tes que atopala!”
10-07-2015 -

O luns, Maxia e humor co Mago Román no Ciclo do Día da Patria Galega en Fene

Tralo concerto que ofrecerá esta noite Guadi Galego na Praza do Concello, a programación do Ciclo do Día da Patria Galega continuará o vindeiro  luns, 13 de xullo, neste mesmo escenario cun espectáculo de maxia a cargo do Mago Román. A montaxe, titulada “Labirinto de ilusións 2.0.”, preséntase coma “un espectáculo no a maxia está acompañada de disparatadas e cómicas historias nas que participa permanentemente o público”. A función comezará o luns ás dez da noite na Praza do Concello (entrada libre).