Novas

02-10-2015 -

Membros da Corporación Municipal reciben a visita do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Esta mañá, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou o CEIP O Ramo, onde o alcalde de Fene, Juventino Trigo; acompañado dos  membros do goberno muncipal Antón Noceda e Justo Martínez Ardá e pola concelleira Ana María Novo Picos; demandou para os centros escolares de Fene actuacións de mellora nas infraestruturas e equipamentos.
01-10-2015 -

Cobranza en período voluntario dos tributos e prezos públicos municipais

Publicado no BOP do 1 de outubro as normas de cobranza en período voluntario dos tributos e prezos públicos municipais, campaña do segundo semestre do exercicio 2015
30-09-2015 -

O Museo do Humor acollerá en outubro a exposición de Humor Gráfico "Xeración Retranca"

O humor gráfico volve encher as paredes da sala de exposicións da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene. A partir deste venres poderase ver neste espazo cultural a exposición “Xeración Retranca”, promovida pola Concellería de Cultura e Ensino do Concello de Fene en colaboración coa Deputación da Coruña.
30-09-2015 -

Juventino Trigo visita a planta EDAR de Ares

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, acompañado do alcalde de Ares, Julio Ignacio, o alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus Fonticoba, e Manuel Gonzalez López, Teniente alcalde de Cabanas, visitaron a Estación Depuradora de Aguas Residuais de Ares onde técnicos da planta explicaron aos representantes municipais o proceso de tratamento das augas asi como os medios materiais e humanos empregados para garantir a calidade de auga depurada.
29-09-2015 -

Arrinca o obradoiro Inicia con 28 alumnos e alumnas dos concellos de Fene, Ares e Cabanas

Os Concellos de Fene, Ares e Cabanas acolleron o pasado xoves 24 de seteMbro ao persoal docente e ao alumnado do novo Obradoiro de Emprego dirixido a xovenes menores de vintecinco anos.
29-09-2015 -

O Concello de Fene insta aos madeiristas a que soliciten licenza municipal para o transporte de cortas forestais

A Concellería de Medio Ambiente de Fene ven de publicar unha nota informativa dirixida aos madeiristas na que se lles da conta da obrigatoriedade de solicitar licenza de uso especial de dominio público cando empreguen vehículo cos que se vaian realizar traballos de transporte de aproveitamentos forestais. 
29-09-2015 -

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, asistiu na Deputación da Coruña á presentación do Plan de Acción Social

O Plan de Acción Social (PAS) distribuirá un remanente orzamentario de máis de 30 millóns de euros para cooperar cos concellos na realización de investimentos financeiramente sostibles, cun importe mínimo de 30.000 euros e unha vida útil superior aos cinco anos, e que teñen na súa maior parte un carácter social, no sentido de ir destinados a mellorar as condicións de vida da poboación coruñesa.
29-09-2015 -

Fene móllase polos ríos Cádavo e Baa

O Concello de Fene, en colaboración con distintas sociedades medio ambientais do termo municipal e comarca –Adega, Aetna e Los Delfines- e a empresa Tragsa, acometeron o pasado domingo 27 de setembro a limpeza do río Vaa e Cádavo, iniciativa que se enmarca na VIII xornada de limpeza simultánea de ríos “Móllate polos ríos”, impulsada por Adega no marco do Proxecto Ríos.
28-09-2015 -

III Concurso Gastronómico da Pataca

O Concello de Fene convoca o III CONCURSO GASTRONÓMICO DA PATACA que terá lugar dende o día 9 de outubro ata o 27 de outubro de 2015.
28-09-2015 -

... encontros para a xente miúda da casa"

"Encontros dos axóuxeres" é unha actividade dirixida para bebés e nen@s ata 6 anos que terá lugar o vindeiro sábado, día 3 de outubro ás 12.00 horas no CCRD de Perlío.