Novas

06-05-2015 -

Fene celebrará este domingo unha nova Marcha Ciclista Popular

A concelleira de Deportes, Rocío Bértoa, anima á veciñanza a participar e apunta que a inscrición deberá realizarse o mesmo día da proba no consistorio
05-05-2015 -

Eduard Velasco, gañador do XXVII Premio Nacional de Poesía "Xosémaría Pérez Parallé", presenta o seu libro "Ruído de trens" en Fene

O acto terá lugar no CMI Unidade de Fene este sábado, ás 20,30 h, con entrada libre e no mesmo daranse a coñecer as bases da convocatoria do premio 2015
04-05-2015 -

As palilleiras entregan a Xoel a recadación do Encontro que tivo lugar no paseo marítimo

O acto desenvolveuse o pasado xoves na Casa do Concello
04-05-2015 -

O Concello inicia as obras de ampliación do aparcadoiro da piscina municipal

O alcalde, Gumersindo Galego, explica que os traballos, que se financian con fondos propios municipais, permitirán duplicar as prazas de estacionamento. Sinala que a intervención en curso está orzamentada en preto de 15.000 euros e conta cun prazo de execución de dous meses.
04-05-2015 -

O Concello organiza unha nova sesión do Grupo de Apoio a Familias de persoas dependentes

A edil de Servizos Sociais, Juana Barro, apunta que terá lugar mañá, con entrada libre, e baixo o título “A importancia dos sentimentos coidando”. O mesmo día, mesma hora e mesmo escenario está programado un obradoiro do programa Recuperación Memoria para persoas con deterioro cognitivo.
30-04-2015 -

Acta Nº2 do proceso selectivo praza bibliotecaria/o

Publicada a acta nº 2 do tribunal de selección no proceso selectivo para a cobertura dunha praza de funcionario interino do Concello de Fene.
30-04-2015 -

Un total de 68 equipos participarán este sábado no III Torneo de Karate Concello de Fene

Organizado pola Concellería de Deportes e o Club Artes Marciais Fene, celebraráse no pavillón de A Xunqueira entre as 16 e as 19 horas
30-04-2015 -

Conferencia sobre fisioterapia e podoloxía este domingo na Aula da Concellería de Deportes de Fene

Charla organizada por Artabras Fene en colaboración có Concello
30-04-2015 -

O VIII Concurso de Tapas Concello de Fene arranca este venres con preto de 30 establecementos de hostalería participantes

O alcalde, Gumersindo Galego, e o concelleiro de Promoción Económica, Juan José Franco, presentaron esta mañá o certame coa confianza de superar os rexistros da edición anterior, cando se selaron máis de 8.000 papeletas.
Entre os premios, unha viaxe a Roma, Londres ou París de catro días, unha escapada rural, unha estancia nunha bodega ou 200 euros en vales de compra.
29-04-2015 -

Pastelería Martínez e Floristería Azalea, gañadores do IV Concurso de Decoración de Escaparates de Primavera

O alcalde, Gumersindo Galego, entregoulles os premios o pasado sábado, no transcurso da II Feira de Segunda Man e Troco organizada pola Concellería de Promoción Económica