Novas

30-07-2015 -

Despídese o Verán máis alá!

Un xantar de confraternidade poñerá hoxe venres 31 de xullo, o punto e final a esta edición do campus lingüístico "Verán máis alá!"
27-07-2015 -

En Agosto ven a Expresart!

Se ainda non sabes que facer este mes de agosto, inscríbete en ExpreArt!.
Programa dirixido a maiores de 11 anos  no que se desenvolven actividades de arte en comic e pintura, danza e artes escénicas, fotografía creativa e audiovisuais, xeración vlogger etc.
24-07-2015 -

O Verán Máis Alá visita o Museo do Humor

Ao redor de 120 rapaces e rapazas pasaron ao longo da mañá de onte xoves 23 de xullo polo Museo do Humor. Museo que ocupa o 2º e o 3º andar da Casa da Cultura de Fene e no que se poden ver obras de destacados humoristas gráficos galegos, españois e internacionais.
23-07-2015 -

Homenaxe ás víctimas do accidente de tren Angrois

A Corporación Municipal do Concello de Fene súmase a unha iniciativa veciñal para facer un acto de recoñecemento ás víctimas e afectados polo accidente de tren de Angrois e, en particular, ás do noso Concello, cando se cumpren dous anos mañá venres 24 de Xullo.
Mañá ás 20.15 horas terá lugar un acto de homenaxe na estación de tren de Barallobre (Fene) ao que, dende o Concello, convócase a todos os veciños e sociedades do Concello.

21-07-2015 -

Prazas libres para a matriculación en setembro nas escolas de piscina e pavillón, curso 2015/2016

Logo do período de reserva no mes de xuño, achegamos o listado das prazas libres para matricularse no mes de setembro nas escolas deportivas da Piscina Municipal de Centieiras e do Pavillón "A Xunqueira"
20-07-2015 -

Solicitude de horas de adestramento de pretempada e tempada nas instalacións deportivas municipais

Aberto o prazo para solicitar horas de adestramento para a pretempada no pavillón polideportivo da Xunqueira e para a tempada 2015/2016 nos dous pavillóns (O Ramo e A Xunqueira).
20-07-2015 -

Declaración institucional do día da Patria Galega 2015

O pasado venres, 17 de xullo, tivo lugar a lectura da Declaracións Institucional polo Día da Patria Galega da man de Pablo Bouza Suárez, no Parque Lineal do Río Cádavo, acompañado polo Coro Infantil de Agarimo.
18-07-2015 -

Comunicado abastecemento agua consumo humano

O alcalde de Fene, Juventino Trigo Rey, informa á veciñanza que segundo o comunicado da  Xefatura territorial da Consellería de Sanidade recibido hoxe sábado 18 de xullo ás 22.23 h, os resultados das análises de auga da traída municipal do Concello de Fene conclúen que é APTA PARA O CONSUMO HUMANO, polo que dáse por finalizado o período de restrición de uso de auga para a súa inxesta e uso alimentario.
17-07-2015 -

Anuncio nomeamento peóns funcionarios interinos

Publicado o anuncio relativo ao nomeamento de peóns como funcionarios interinos para a cobertura das vacacións do persoal municipal.
17-07-2015 -

O II Campus de Fútbol Sala Feminino María Vieira "Mavi" Concello de Fene chega ao seu ecuador

O II Campus de fútbol sala feminino María Vieira "Mavi" Concello de Fene chegou na xornada de hoxe, mércores 17 de xullo,  ao seu ecuador tras a celebración da súa quinta xornada na pista do Pavillón da Xunqueira en San Valentín (Fene).