Novas

06-07-2015 -

Concentración de rexeitamento e solidariedade

Dende a Concellalía de Benestar e Igualdade do Concello de Fene, convócase para hoxe luns 6 de xullo de 2015 ao persoal do Concello, ao persoal político e a todas as persoas que desexen unirse, a unha concentración silenciosa ás 12:00 h na porta da Casa do Concello para manifestar públicamente a condea e rexeitamento polo ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA dunha muller e a súa parella en Arbo.
03-07-2015 -

Obradoiro de emprego dirixido a xóvenes

O departamento de Orientación Laboral do Concello de Fene informa que nos vindeiros meses impartirase un Obradoiro de Emprego conxuntamente cos concellos de Ares e Cabanas.
03-07-2015 -

Festa inaugural "Expresarte"

O concello de Fene dende a Área de Benestar Social e  Igualdade, que dirixe Joaquín Ayala Garrido, desenvolve  o programa de “Peques a Maiores: compartindo espazos”, dentro do cal  se enmarca o programa de ocio xuvenil “ESPAZO NOVO” subvencionado pola Deputación da Coruña.
03-07-2015 -

Anuncio puntuacións definitivas na selección de brigadistas

Publicado o anuncio relativo os acordos adoptados o 3 de xullo polo tribunal no proceso selectivo para a selección de persoal laboral temporal mediante o sistema de concurso-oposición libre, brigadas de prevención, vixilancia e defensa contra os incendios forestais
03-07-2015 -

Anuncio das cualificacións e baremación méritos na selección de cuadrillas de obras e servizos mínimos munipais

Publicado o anuncio relativo as cualificacións do exercicio de oposicion e das baremacións de méritos na selección de persoal laboral temporal mediante o sistema de concurso-oposición de cuadrillas de obras e servizos mínimos munipais
02-07-2015 -

O domingo, 5 de xullo, participa no Día do Deporte na Rúa!

As actividades desenvolverase na Avenida do Tarrío, rúa San Salvador e nos arredores do Círculo de Perlío, entre as 10:30 horas e as 14:00 horas
02-07-2015 -

Nomeamento funcionarios interinos

Publicado o anuncio do nomeamento de funcionarios interinos para prazas do grupo: agrupación sen titulación; escala: Administración Especial; subescala: Servizos Especiais; Clase: persoal de oficios; denominación: peón(a) e para a cobertura das vacacións do persoal municipal.
01-07-2015 -

Anuncio corrección erros da lista definitiva admitidos nas cuadrillas de obras

Publicada a resolución de corrección erros da lista definitiva admitidos nas cuadrillas de obras e servizos mínimos municipais.
01-07-2015 -

Inscríbete en Espazo Novo: Expresart

O domingo 5 de xullo, a partir das 19:00 h. na pista do CCDR Perlío, festa inaugural do programa EspazoNovo ExpresArt organizado pola Área de Servizos Sociais do Concello de Fene e subvencionado pola Deputación da Coruña.
30-06-2015 -

A oficina de turismo abre as súas portas

As instalacións atenderán a visitantes e veciñanza os meses de xullo e agosto, en horario de mañá e tarde.