O pavillón polideportivo municipal da Xunqueira, en San Valentín, acollerá este sábado, 30 de maio, unha multitudinaria exhibición dos alumnos e alumnas das Escolas Deportivas Municipais. Un acto co que o Concello clausura as actividades deste curso. Dará comezo ás 11 horas con entrada libre.