Novas

26-03-2015 -

O Concello ensinará aos rapaces a preparar receitas saudables na sesión deste venres

Celebraráse no local da AVV de Perlío, a partires das 16,30 horas
26-03-2015 -

O alcalde anuncia que o Concello impulsa unha modificación da ordenanza do polígono para adaptar as parcelas a usos comerciais

O alcalde anuncia que o Concello impulsa unha modificación da ordenanza do polígono para adaptar as parcelas a usos comerciais.
A concelleira de Urbanismo, Rocío Bértoa, sinala que as instalacións gañarán en competitividade e, sobre todo, adaptaránse á nova realidade socioeconómica.
26-03-2015 -

O alcalde entrega os diplomas aos rapaces que participaron no obradoiro de radio na Biblioteca

Todos eles gravaron na última xornada o seu propio programa, poñendo de manifesto os coñecementos adquiridos no taller organizado polo Concello
25-03-2015 -

O Concello pon a disposición do gremio de taxistas unha nova caseta fronte á praza Verde

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, explica que se trata dunha infraestructura de maiores dimensións e cun deseño máis acorde ao entorno
25-03-2015 -

O escritor Ramón Loureiro elixe Fene para presentar o seu último libro, "Diarios"

O alcalde, Gumersindo Galego, acompañará ao Fenés do Ano no acto, que se celebrará este venres no CMI de Fene a partires das oito e media do serán. O acto literario, aberto á veciñanza, contará coa actuación musical da agrupación Airiños de Fene e co espectáculo de maxia do Mago Antón
24-03-2015 -

Concello e Fenosa executan traballos de desbroce e limpeza nas marxes do río Cádavo

Acondicionouse o treito entre o camiño Río de Saa e o parque baixo a autoestrada
23-03-2015 -

Os nenos e as nenas que participan no obradoiro de radio na Biblioteca entrevistan ao alcalde

Esta semana concluirán a actividade gravando o seu propio programa. O Concello conmemora con esta acción a Semana da Prensa
23-03-2015 -

O Concello anima aos maiores a compartir as súas experiencias sobre cine e salas de festas no programa "Construíndo pontes"

A edil de Servizos Sociais, Juana Barro, anímaos a participar nas sesións que se celebrarán este luns e o 13 de abril no Centro de Servizos Sociais.
23-03-2015 -

Fene será escenario o próximo día 27 dun encontro con Ramón Loureiro no epicentro do seu universo vital e literario

O escritor presentará o seu novo libro, “Diarios”, no CMI de Fene, o venres 27 de marzo ás 20,30 h
19-03-2015 -

O alcalde subscribe un convenio coa directora do CPI A Xunqueira para financiar a viaxe dos escolares ao certame Lego en Tenerife

Gumersindo Galego explica que o Concello fará posible o desprazamento de estudantes e profesores mediante unha achega de 4.500 euros