Novas

12-06-2018

Maxia divertida 2.0 este xoves na Biblioteca Municipal de Fene para nenos e nenas

A Biblioteca Pública Municipal “Xosemaría Pérez Parallé” de Fene acollerá este xoves, 14 de xuño, o espectáculo “Maxia divertida 2.0”, a cargo do Mago Paco. Dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos, dará comezo as 18 horas con entrada libre ata completar aforo.
11-06-2018

Listado de admitidos/as no verán máis alá 2018

As familias con nenos/as admitidos poderán facer o ingreso bancario (entregándose antes das 14 horas do venres 15 de xuño. A cuota a abonar para todo o mes é a seguinte: primeiro membro da unidade familiar, 68,15 euros e, a partir do segundo, 36,70 euros. No caso da quincena, o primeiro membro abonaría 34,08 euros e, a partir do segundo, 18,35 euros. Así mesmo, hai descontos para familias en situación de escasa capacidade económica que, incluso, poden chegar á deducción do 100%.
 
08-06-2018

Presentación hoxe venres na Escola de Limodre do libro Centenario das Escolas de Instrucción dos “Naturales del Ayuntamiento de Fene”

A Escola de Limodre será escenario este venres, 8 de xuño, da presentación do libro Centenario das Escolas de Instrucción dos “Naturales del Ayuntamiento de Fene. 1916-2016”, do historiador e escritor Guillermo Llorca. O autor estará acompañado no acto, que dará comezo ás 20 horas, polo alcalde de Fene, Gumersindo Galego; a presidenta da AVV de Limodre, Ana Santiago, e o historiador Juan Carneiro Rey. Así mesmo, toda a cidadanía está convidada á cita, que se desenvolverá precisamente na antiga escola fundada polas sociedades de emigrantes e hoxe en día local da AVV de Limodre.
06-06-2018

A Casa da Cultura de Fene acolle a exposición fotográfica colectiva “Tempo”

A mostra, inaugurada o pasado sábado, pode visitarse ata o 15 de xuño de lunsa venres de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados de 10 a 13 horas


06-06-2018

A totalidade das prazas de “Verán máis Alá!” cubriranse con familias empadroadas en Fene

No primeiro día de preinscrición no programa municipal “Verán máis Alá!”, a Concellería de Cultura recibiu ata media mañá 150 solicitudes, co que a día de hoxe 30 persoas están xa en lista de agarda á espera do reaxuste que se poida realizar polas matriculacións por quincenas. Nesta liña, a concelleira de área, Rocío Bértoa, sinala que a lista de agarda aínda pode aumentar, xa que o prazo reservado para a veciñanza de Fene continuará hoxe ata as 19 horas e mañá xoves. Así as cousas, apunta que o Concello vese na obriga de non abrir o prazo de matriculación para veciños e veciñas doutros concellos, xa que non vai haber prazas. Inicialmente, ese trámite agora descartado estaba fixado para o venres. Así, as 120 prazas por quincena cubriranse con nenos e nenas empadroados no municipio.
05-06-2018

O Concello abre este mércores a inscrición no programa municipal “Verán máis Alá!”

O Concello de Fene, a través da Concellería de Cultura, abrirá este mércores e xoves o prazo de inscrición no programa “Verán máis Alá!”, que se celebrará do 2 ó 27 de xullo no CEIP Centieiras para nenos e nenas nados entre os anos 2006 e 2014 e que cursen estudos de Educación Infantil e Primaria. As familias de Fene interesadas en optar a unha das 120 prazas por quincena que oferta o Concello deben anotarse no Departamento de Cultura e Deportes (Avenida Naturais, 44 entresollado dereita). O mércores 6 de xuño poden facelo de 8 a 19 horas e o xoves 7 de xuño de 8 a 14 horas. Así mesmo, e de quedar algunha praza vacante, o programa abrirase a veciños doutros concellos, que poderán formalizar o trámite o venres 8 de xuño de 8 a 14 h.
01-06-2018

Fene inaugura este sábado a exposición fotográfica colectiva “Tempo”

Carmen Carballada, María Fernández, María Seage, Malena Carballo, Martina Barcia, Irene Expósito, Suso Piñeiro, Javier Fariñas e José Fonticoba asinan as obras da exposición fotográfica colectiva “Tempo” que se inaugura este sábado, 2 de xuño, na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura-Museo do Humor. O acto dará comezo ás 12 horas e estará presidido polo alcalde, Gumersindo Galego, acompañado da concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, e a el está convidada toda a cidadanía.
29-05-2018

A Casa da Cultura acolle este mércores o Festival de Fin de Curso da Escola de Piano

A concelleira de Cultura, Rocío Bérta, informou de que mañá mércores celebrarase o Festival de Fin de Curso da Escola Municipal de Piano. Terá o salón de actos da Casa da Cultura como escenario e dará comezo ás 18 horas con entrada libre e de balde ata completar aforo.
28-05-2018

O Concello ofrece 120 prazas en “Verán máis Alá!”, un programa de conciliación da vida familiar e laboral centrado no ocio educativo

A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, avanzou esta mañá que o Concello reeditará do 2 ó 27 de xullo “Verán máis Alá!”. A edil explica que con este programa o Concello quere contribuír á necesaria conciliación do traballo fóra da casa eo coidado dos fillos menores por parte das familias de Fene  durante as vacacións escolares. Así mesmo, puxo en valor o carácter didáctico de “Verán máis Alá!”: “non se trata tan só dunha alternativa de lecer para nenos e nenas, senón que as actividades que realizarán profundizan nuns valores e ensinanzas, neste caso, en torno ó recoñecemento da diversidade a partir da propia identidade. De aí o lema que acompaña o proxecto: “Somos diferentes, somos iguais”. E todo isto, no idioma propio.
28-05-2018

Festival de Fin de Curso do alumnado da Escola Municipal de Guitarra este luns na Casa da Cultura de Fene

O salón de actos da Casa da Cultura de Fene acollerá este luns, 28 de maio, o Festival de Fin de Curso do alumnado da Escola Municipal de Guitarra. Será a partir das cinco da tarde, con entrada libre. Nesta liña, a concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, convida á veciñanza a acudir á cita e desfrutar dunha tarde coa mellor música.